A KANTEIRA ¡ATA SEMPRE CAMARADA ALONSO!

A Kanteira rinde tributo a Emilio Alonso Pimentel (1958 – 2020). Xornalista, escritor, guionista de T.V. locutor, galerista, Dj e conversador. No episodio de hoxe escoitaremos unha entrevista mantida con él nos estudios de Radio ECCA no 2014. Onde conversamos sobre a A Movida dos anos 80′, do seu libro sobre eses tempos ‘ Vigo a 80 revolucións por minuto’ e sobre todo da decisión dolorosa de queimar o material recopilado (Fanzines, revistas, maquetas musicais de grupos galegos da época, debuxos, carteis de concertos, entradas, recortes de xornais) ante o nulo interese das institucións locais para albergar esta valiosa colección e poder expoñela cara o público. A continuación un capítulo do ‘Black Panther Party Radio Club’ as últimas aportacións de Emilio Alonso ós medios neste caso na Radio, unha delirante revisión iconoclasta sobre Rosalía de Castro dende ángulos coma Sexo, Drogas e Rock’n’Roll.

Susana Estragha RKV / RADIO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio