A Kanteira bailando sobre a tumba do 2018

A Kanteira troula nun Tiovivo de Concertos en clave de Festas de Nadal. Espumea o talento e maila morriña nos diferentes shows para rematar o 2018. Siniestro Total celebran o seu XXXVII aniversario no templo »La Iguana». Kinks of The Beach pasando de que estamos no Inverno visten o Bikini e propoñen un desmadre de festa con animadoras profesionais: Jaguars e Cool Cucumbers dous grupos do Sur que quentan o que se lles poña por diante. Atlántic y La Mafia Canalla xúntanse noutra party de Inverno. Ovos Podres e Os Rosmóns troulan pateando o 2018 nun concerto entre os dous en Teis. Basanta mostran a sua obra mestra Colorama nun concerto en Vigo festa despedida do ano. Os Duques de Monterrey planificaron dende o Rancho Velvet Cave un corrido para a Fábrica de Chocolate. E a festa máis salvaxe e lixeira a vez volve polo Nadal para iluminar de verdade a cidade de Vigo: Tony Lomba e Elio Dos Santos. O duo están este ano co Yolí, Yolí, Tour »Un respetito a Rosalia»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: