A Kanteira; concertos, entrevistas e novidades da Fosa Atlántica, Galicia.

Concertos, entrevistas e novidades que suceden na Fosa Atlántica, Galicia. Espectáculos excitantes coma: Mr Sipp (Mississippi); An Eagle in your Eyes (Francia); Inyourface (Granada); The Conspiracy (Vilagarcía); Mow; Pauline en la Playa; Andrea & The Black Cats; Heroínas; La casa de los Ingleses; Antifrágil; Viva Suecia; Las Vin Up; Krudas Kubensi…

Mr. Sipp. Ciclo «Mais Que Blues»-10 Marzo Sala Rouge (Vigo). Creado por River Bucks Asociación Cultural.SALA ROUGE – 21:00H (20.30 apertura portas).

O multipremiado bluesman de McComb (Mississippi), Mr. Sipp é unha mostra da nova savia do blues, que recolle con respeto a historia para poder atreverse a crear cousas novas. Compositor, productor e guitarrista con Forza r’n’b rozando o funk-blues de alto voltaxe.

Sáb. 9 MARZO 22:00  Kominsky  Vigo, Spain HEROINAS ROCK MACARRA 100%

Heroínas son a voz do povo, Rock Macarra 100% con lendas coma Linda Lamarr, Coral Alonso, Beatriz Taboada e Indi Tumbita.

Inyourface + The Conspiracy En Vigo // 9 Marzo TRANSYLVANIA METAL PUB

Dende Granada INYOURFACE traen o seu último traballo »Wildlife» unha boa remexida de Core Metal untado en Death. Non estarán sos, teñen compañeiros de escea; The Conspiracy que dende Vilagarcía son devotos do ruido e da xente que Ghrita moito, moito. Ah e gostan tamén de Pantera,Sepultura, Phobia…

An Eagle in your Mind (Francia) no Bar Pancho. A Guía, Randufe.Tuy

Un dúo francés nomada que é todo un mundo musical que experimenta a vista de aguia con folk axitado en  percusión hip-hop, música hipnótica, sintetizadores 70′ e drones exóticos. Folk abstracto mesturado co rock psicodélico, música sacra e hip-hop.

Unha variedade colorista a axenda cultural independente da Fosa Atlántica, unha explosión de diferentes maneiras de entender a arte musical; Dalle o play e disfruta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: