A Kanteira come e troula coa actividade festivaleira de Galicia Sur. Fómos en Bou a Bueu ó ‘SonRíasBaixas’, tomámoslle dúas no BareteVII edición polo paseo marítimo de Chapela. De paso ‘platicamos’ con X.Kino L. Cobra (músico,DJ, promotor, vendedor de Discos…) sobre a arrivada de Roy Ellis a Galiza e a colaboura dos Galegos Transilvanias no seu próximo Disco.
Unha feira variada de musica alternativa e reivindicativa, creación audiovisual e mesa da rica gastronomía da zona de Bueu. Ska, Rumba, Rock, Electrónica, Hip-Hop, Cine, Videoclips, mariscos, empanadas…
Nós bailamos con ‘Revolta Permanent’ cuarteto excitador contínuo a revolta con electrónica e rap-shock. Agora queren machacárnos con ‘Ultravioleta’ disco editado no 2018.
Usamos extintores ante a intención de Sara Hebe. A rapeira arxentina envólvenos nunha enerxía pura e intensa no seu incendiario ‘Tuve Ke Kemar’
E saìmos do SonRíasBaixas coa honrosa visita do Compadre do Punk Radikal Vasco e Tótem dos Polla Records, Evaristo, nésta ocasión cos seus actuais camaradas ‘Gatillazo’ fálanos dos ‘ Esclavos siglo XXI’
O Gran festival Barete Rock de Chapela vai xa na súa VII edición. Nun paseo espectacular ‘ Paseo Marítimo’ ofrécen este ano un cartel deslumbrante con bandas galegas. Os mundialmente famosos Stoned at Pompeii e You Dog!! son os que representarán na Kanteira o brillante cartel.
Unha conversa con X.Kino L. Cobra (Skatcha, Camarada Nimoy, Transilvanias, Os Resentidos, productor, promotor, dj. músico e enfermo do virusjamaikan), para aclarar o porqué da terceira visita do Boss da música Ska a Galiza e a utilización do talento de Transilvanias para o seu próximo disco.
Aquí debaixo só con pulsar en reproductor e metésvos nunha caixa máxica con son. susana estragha bikiños nas nalghas!!!