A KANTEIRA abraiada pola cantidade de bondade e talento do mundo musical que nos arrodea púxose en posición Nadal. Máis ca iluminación da cidade brila o VI Rock Children Festival. O mellor do Hard/Rock/Metal da Iberia enteira está durante tres días en Vigo repartidos polas salas Reserva Rock/MasterClub/Transylvania. Un berro seco por Fran Vázquez e por Carlos Reserva, as bombillas do Festival. 13 de Dec – 16 de Dec · Vigo, Spain.
Concertos perigosos tanto física como psiquica. Artistas arriscados pola arte Pop/Rock que presentan novos traballos e novas propostas: The Oscillation unha experiencia cósmica por sons galácticos de Tangerine Dream, Spacemen 3, miligramos de Miles Davis unha viaxe a bordo dunha nave Punk/Funk. O capitán Demian Castellanos que empezou a exploración no 2008 con »Out Of Phase» DC Recordings. Agora cáseque unha tribu con realizador de luxo o cineasta Julian Hand.
The Oscillation (Kraut, Drone, No Wave – Uk) en #OnTheRadar!
Saboreamos o son Stoner Rock de Gravesen » Why so sorry» e de Atlántic Valley »Desert Machine».
Dom 20:30 16 deccembro 2018 A Fonte Do Galo Rock And Roll Bar Cangas, Galicia, Spain recibe a un Querido Extraño que é en realidade Arturo Delgado, un tipo que percorre a musica montado nun Oldsmobile Rocket 88 polos 50′, 60′ blues do pantano historias western contemporáneas con sabor amargo de bon humor.
Rematámos a Play list con Última Experiencia, Electra e Winter Proyect.
Dalle o play e entérate alomenos a que soan os artistas que traballan por estes lares. Bikiños nas nalghas!! SUSANA ESTRAGHA.