A Kanteira ¿Onde estás Cachamuiñas?

A Fosa Atlántica ofrece unha carteleira de inspiración primaveral, moi axitada e tola.

Javier Escovedo and The City Lights, Vigo, La Iguana 30 de Marzo Vigo, Spain

O guitarrista Javier Escobedo leva unha vida creando melodías certeiras o rededor do rock-punk-garaxe con derivada cara o western-mex. The Zeros, The True Believers…Este mestre do PowerPop morno. Está de xira por Europa acompañado polos The CITY LIGHTS formada por Dave James (Lords of Altamont / SuperBees) a guitarra, Max Jams o baixo (Johnny Marr / The Underground Youth) e Chris Bongers (Paul Collins / John Wicks) a batería.

The Mani-las + Kurt Baker Combo en Vigo | SON Estrella Galicia. Venres 29 Marzo 2019  La Iguana Club.

The Mani-las: Mariana Pérez (Sonic Trash, Rubia, Cora Bloom) a batería, Maika Makovski (The Mani-las) o baixo e Olaia Bloom (Las Culebras, Cora Bloom) a guitarra. Rápidas, melodiosas, bailables unha tolura. As suas balas son de prata, exemplo He’s got the Power (The Exciters). Veñen reforzadas cuns foraxidos cós revolveres cargados de elegante rock-pop-poderoso; os excitantes Kurt Baker Combo. O musico americano que estivo en bandas coma Leftlovers decideu ala polo 2013 arribar a Europa; rematou en Madrid. Axiña formou unha banda Kurt Baker Combo: Juancho López o baixo (Paul Collins Beat, Peralta, The Crepitos), Jorge Colldan (Holy Sheep, The Flash, Señor No) a guitarra e coros, e Sam Malakiam a batería (Alrighters, Los Platillos Volantes). Baker ten claras as suas influencias: Glam, Punk, Garaxe, Rock, The MC5, The Remains, Eddie & The Hot Rods…

MILETH + DIOIVO. 29 MARZO SALASON CANGAS. GALICIA

Xiramos nun TioVivo de novidades galegas coma os de MILETH unha formación de Metal extremo con sustancia profunda de musica tradicional e folk galego, eles chamanlle ‘Metal Pagán Galaico’. Presentan traballo novo titulado “Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta”. Estarán acompañados por DIOIVO.

Ezetaerre en Vigo 29 MARZO. 2019. Sala Doppler Vigo ,Spain.

O grupo de Rap en loita Ezetaerre e dicer Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño) están de estrea »Polvo e Tormenta» que eles definen: unh traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria. Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.

Estamos tamen cos directos de Ses, Second, Thee Blind Crows, Denis, Los Arboles, The Soul Jacket e sempre sorpresas, ai que comelo todo para que preste. BIKIÑOS NAS NALGHAS!! SUSANA ESTRAGHA.

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: