A Kanteira ¿ Que pasa aquí ?

Carteleira, novidades, entrevistas, arredor do que se roe pola Fosa Atlántica. Neste episodio escoitamos a: La Beriso; Tincho Fernán; Jake Shane; Pervy Perkin; Martillo; The Broke; The Twist Connection; Hamlet; Said Muti e Crudo Pimento. Visitaremos locais cómo: Salason (Cangas); Masterclub (Vigo); Transilvania Metal Pub (Vigo); La Fábrica de Chocolate (Vigo); La Iguana Club (Vigo); Aturuxo (Bueu)…

LA BERISO LA FABRICA DE CHOCOLATE VIGO GALICIA 26 ABRIL 2019

Dende Avellaneda e con sona de ser unha das alegrías do Rock arxentino, La Beriso están de xira por España mostrando o seu último show e oitavo disco La Beriso: 20 Años Celebrando (2018). É a primeira vez que veñen por Galicia.

PERVY PERKIN MARTILLO TRANSYLVANIA METAL PUB 27 ABRIL 2019

A máquina de Metal Progresivo/Experimental PERVY PERKIN traen un novo espectáculo a Vigo, estrean disco »Comedia:Inferno» conceptuando a Diviña Comedia, obra cume do século XIV, de Dante Alighieri. Con eles estarán os vigueses MARTILLO que fusionan unha mestizaxe de  stoner/psicodelia/progresivo. Martillean o seu último artefacto »Creatures of The Universe»

HAMLET BERLIN MASTERCLUB VIGO 26 ABRIL 2019

Personaxes perdidos da obra de Shakespeare, Hamlet, mostraron un discurso musical baseado nos discos de Sepultura, Slayer ou Pantera nos principios, para desenrolar e encanar diferentes estilos e subestilos dentro do Metal Rock o longo de 25 anos; personalizado. Heavy, Punk, Rap, Metal, todos materiais nobles para unha carreira impecable (12 discos).

CRUDO PIMENTO ATURUXO BAR BUEU 28 ABRIL 2019

Crudo Pimento, un luthier máxico que fai música, Raúl Frutos, coñecido tamén como o Captain Beefheart da horta do Segura, xunto á fotógrafa e promotora musical Inma Gómez, formaron un dúo alá polo verán do 2012. usan instrumentos de fabricación caseira e afinacións imposibles (pau dunha corda, marímbula de follas de serra, tixolas e olas suxeitas con cordas e pinzas de tender). En outubro de 2018 gravaron en Nova York co produtor Marco Buccelli o seu cuarto disco, “Pantame” e andan de xira e troula polas salas.28 Abril 2019  Aturuxo Bar (Bueu)

A carteleira da Fosa Atlántica é rica en espectáculos de alta calidade: Said Muti (nuevo disco “Habitación 828”, La iguana 26 Abril); The Twist Connection (Batería, baixo e guitarra dende Coimbra ¡rock’n’roll!, Salason Cangas 26 Abril 2019; Jake Shane (La Casa de Arriba Vigo 26 Abril 2019). The Broke (Albergue Jamarte  Pontevedra 27 Abril). Disfruten e non se ghasten!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: