The Baboon Show + Grima en Vigo / Sala Master Club
HFMN CREW PRESENTA: THE BABOON SHOW
Dende Suecia con Punk/Rock e Power Pop chega a revolución de The Baboon Show. O grupo está de xira 2018 co lema Radio Rebelde que é ademais o titulo do seu último disco.Cecilia Böstrom capitanea esta banda que leva 15 anos pateando o cú do goberno sueco e da sociedade máis retrógada e capitalista que invade cómo plaga a vella Europa. Garaxe e powerpop punk dende Buzzkcocks,Dead Kennedy pasando por AC/DC ou Blondie. Para semellante troula The Baboon Show axúdanse de Grima (Pontevedra) un duo de batería e baixo que nos transportan a unha tolura psicotrópica a base de Punk Dance Progresivo.
THE BABOON SHOW
GRIMA