A Kanteira troulando por festivais e concertos ata reventar

Continuamos estraghando o corpo con gusto polos festivais gastromusicais da Fosa Atlántica. Danzamos no Rockin’Vila V edición (Vilanova de Arousa) con canallas divertidos como Siniestro Total, Terbutalina, Sé, Igmig, Foxy Freire, Barbitúricos ou Kings of the beach. Enganchámonos con Indy Tumbita e o seu Never Ending Chiringuito Tour. Un grolo na SalaSon para escoitar a Motherseed e unha velada con Diego Pacheco facendo o meigalho con Mesteño. Disfruta se queres é gratis!! Susana Estragha e RKVRADIO.COM convidan.

SINIESTRO TOTAL

The fathers of invention non paran de facer r’n’r, blues, countryrock, punk, powerpop e mailo parvo dende ai 36 anos, son unha institución musical que non  decepcionan nunca un dos mellores espectáculos rock os que acudir. Bailarán sobre a nosa Tumba con ritmo chachachá. Chegan o Rockin’Vila con novo batería o foraxido Andrés Cunha.

TERBUTALINA ‘ANDAR DE XANEIRA’

Os tipos máis cans do barbanza e da ría de Muros Noia Terbutalina teñenos namorados. Despois de Siniestro Total son os que mellor recollen o sentido de escachar coa risa con cousas serias a ritmo de garaxe punk. Teñen cinco discos editados que son toda unha aventura divertida que che deixa sen alento.¡¡Dame Terbutalina Pin Floi!! escoitaremos ‘Andar de xaneira’

IGMIG ‘OSTIÁ’

O señor Seoane é algo asi como unha especie de Merlín compositor. Rock progresivo, Jazz, Blues, hardrock e pop vanguardista son as pezas deste Pote máxico que manexa para crear unha jukebox de alto voltaxe creativo. Non falla a retranca nos textos. OSTIÁ o tema que escoitamos é un exemplo. Ante calquera tipo de depresión 500 mg de IGMIG.

PEGAS NEGRAS ‘JABALÍ’

Pegas Negras van detrás dun Jabalí a ritmo de rock’n’roll. Están de estrea  cun feixe de novas cancions que soan de medo. Xa podedes escoitalas no seu Bandcamp. https://pegasnegras.bandcamp.com/album/intro-otra-vez

INDY TUMBITA ‘BAY VIBRATIONS’

INDY TUMBITA

Indy Tumbita é o máis rápido desenfundando unha guitarra para facer r’n’r. Cun disparo tan só estás namorado do seu son. Este verán vai de rodeo en rodeo e de chiringuito en chiringuito se queredes sentir a dor pracenteira do rock surf beach non te perdas ningunha das suas paradas.

Teremos máis sorpresas aínda, veña dalle o clic e surfea con nós. RKVRADIO & Susana Estragha convidan.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *