A Kanteira en ‘Festival Fever’ From EDP Vilar de Mouros to ‘Armadiño’ Combarro

Dous festivais que aumentan a nota de calificacion das romerías século XXI por estes lares da Fosa Atlántica. Unha exhuberante mostra de artes escénicas, música, audiovisual, gastronomía e natureza, que xuntan a milleiros de persoas coa intención de liberar tensions e consumir cultura. Estamos na recta final do veran pero aínda ai para todolos gustos. Por exemplo temos o EDP de Vilar de Mouros que ten a onra de selo Festival decano da cultura Rock e Pop na peninsula ibérica e a décima edición do Armadiño Festival de Combarro.

O EDP Vilar De Mouros ten unha carta de nivel moi alto, aposta por mesturar a ilustres veteranos da cultura pop con emerxentes propostas actuais asi podemos vibrar con Jonhy Lydon e os PIL ,con Cavaliers of Fun ou John Cale e Los Lobos con Crystal Fighters. Os míticos GNR institución do Rock portugués, compartirán momentos máxicos con Incubus ou Kitty, Daisy & Lewis, unha gozada de festival que é o avó deste tipo de romería rock na Iberia.

En Combarro, lugar tocado polos Deuses , celébrase o ‘Armadiño’ que anda polo seu X Aniversario. Para troulalo ben estarán animadores da talla de ZënZar (37 anos facendo rock en galego, son todo unha lenda),The Lakazáns, Sonora Maxína , Amparanoia….un estalo moi ghrande dende Combarro!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *