A Kanteira Festivais Veran 2018 Entrebateas, Ameixa Rock & 32º Poesía do Condado

 

Na xira que nunca remata de festivais de verán facemos parada en Carril, ónde se celebra o Ameixa Rock’ que conta cómo estrela a Miguel Costas ‘ O Xefe’ que está cunha magnifica banda e agora ten mais mala hostia que antes ainda, polo tanto as súas cancións soan coma sopapos de Bud Spencer. Por outra estarán Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia’ ou así se definen Festicultores, grupo que reventan o corpo con musica e troula, de paso o teu cerebro e mailos xeonllos estarán en dificultades durante uns dias, pero merece a pena meterse no seu mundo de orxías musicais, clases de sadobaile, sadomusiquismo e contorsionismo. Completan o evento Blast Waves, La Duendeneta, Dani Barreiro e DJ Plumbers.

A nóbre intención deste Festival, promover ó Rock, Hardcore, e o Metal pola zona está cumprido, e van xa na sua terceira edición. A Carta é explosiva e tamén experimental, grandes figuras revoltos en xente emerxente; un acerto. Narco, Def Con Dos, Bellako, Trallery, Meltdown, Whipping the Clown, Rorshack y Golpe Radikal.

“Que nom te silenciem” é o lema da 32º Edición do Festival da Poesía no Condado en Salvaterra do Miño. Berta Dávila, Antón Blanco, Elvira Ribeiro, Nolim Rodrigues, Claudia Pato, Verónica Martínez Delgado, Manuel Darriba, Anmdrea Nunes e María Rosendo, son os/as poetas diste ano, e no asunto musical: Sondarúa, Donicelas, Ronco&Fol, Habelas Hainas, Rebeliom do Inframundo, Banda Xangai e Sacha na Hort.

BOYTOY (NY) 04/09/2018 – 21:00H Radar Estudios
ENTRADA 7€ Ant// 10€ Taq

Surfeando dende New York rock’n’roll de olas bravas e refrescantes chegan meneando riffs sólidos unhas tipas chamadas BOY TOY’ presentan o seu segundo álbum ‘Night Leaf’ grabado nos estudio Pump House do productor Kyle Mullarky que demostrou ter boa man con experimentos como os californianos The Growlers. Asinaron o disco Saara Untracht-Oakner (voz, guitarra) y Glenn Michael Van Dyke (voz, guitarra)xunto a Chase Noelle (batería antes de Thelma and The Sleaze) e Lena Simon (baixo).  Levan tres anos de xira contínua: EE.UU., Canadá, Puerto Rico, Reino Unido e Europa pasaron por  SXSW, Growlers Six Festival, Northside Festival, compartindo esceario con Midnight Oil ou Surfer Blood.  E AGORA EN VIGO!!!

Ahhh!!!! e estarémos coas Lisboetas Anarchicks que actúan na Fabrica de Chocolate o 31 Agosto sábado. Despedimos desexando  moita sorte a Heroínas que viaxan a Madrid para estrear Película.

A Kanteira convídate a que lle dés o reproductor e comprobes todo por ti mesma. SUSANA ESTRAGHA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *