The Best Metal & Indy Tumbita ‘the last r’n’r bandit’ interwiev

TRANSILVANIA METAL PUB

A Kanteira avisa dunha treboada mundial. O fenómeno ven dende Italia pasa por Vigo e sube ata a Coruña. Arthemis, formados en Verona 1999 por Andy Martongelli, son unha das formacións de Trash Metal máis respetadas do mundo. As suas orientacións cara o lado oscuro combinado con riffs que parecen tatuaxes é todo con velocidade vertixinosa Trash bastoulles para ser escollidos pola Metal Hammer UK para interpretar United de Judas Priest no 30º aniversario Judas Priest disco tributo ‘British Steel’. Deron a volta ó mundo: Japón, Reino Unido, Alemania, Italia, Holanda, Austria, Eslovenia, España e outros países como teloneiros de: Dragonforce, Freedom Call, Gus G (Ozzy Osbourne), I Am I, George Lynch (Lynch Mob), Micheal Angelo Batio, Kiko Loureiro (Megadeth / Angra), Glenn Hughes e agora en VIGO!!!

O cartel deslízase por HIPNOTHETICALL que veñen tamén de Italia, Vizenza, tronan con Metal Progresivo con moita contundencia e innovación coa utilización de bases e secuencias programadas creando uns efectos musicais moi particulares. A lista continúa con duas bandas locais. Lethal Vice de Vigo, unha formación de Trash Metal que levan en activo dende o 2005 e teñen un disco no mercado ‘Trash Converters’ e remata con Strikeback banda de Trash Metal de Coruña. Quedaron de segundos na ultima Metal Battle 2018 W.O.A. e presentan o seu último traballo ‘Prague’.

 

The Last Rock & Roll Bandit Indy Tumbita ¡¡Nuevas fechorias!!

Indy Tumbita & The Voodoo Bandits estrearon para todo o mundo duas cancions ‘ love from Mars/surfin’ Halloween, diamantes instro surf con valor en alza continua dende xa, grabados a cabalo entre Eclipsis Studio e a Voodoo Home elaborado por Paco Seren e Indy Tumbita.  Lanzaránse 20 copias tan só nun 7″ especial coleccionista, podedes encargar unha polas canles da rede cos foraxidos directamente: https://indytumbita.bandcamp.com/

portada: paco seren

Moitas sorpresas maís, escoitaremos a ‘PABLO UND DESTRUKTION’ que visitará os Radar Estudios o 8 Septembro 2018 e tamén a banda Soul-Funk ‘BROADCAST’  que dende os USA aterra no Morrazo na sá SALASON en Cangas o sábado 8 Septembro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *