A KANTEIRA BARULLO SÓNICO AO VIVO

Na Kanteira outono seguimos con festivais e concertos sen parar. Degustamos o cartel do MONTANDO CRISTO FESTIVAL a celebrárse na carpa do Roxi no Porriño. Os Winter Proyect abren o telon o 21 Venres e o sábado 22 todo un Cristo con grupazos como Pölisong de Ferrol que descargan High Energy en plan Hellacopters, Bad Company, AC/DC..teñen un disco editado en 2015 ‘High’. The Black Wizzards cuarteto portugues, un vendaval de fuzz, blues e desenrolos psicodélicos  de riffs moi marcados ao Hendrix. É de aí cara o infinito e máis alá con MORGANA VS MORGANA, SEPTIEMBRE NEGRO, MAI’S ON FIRE e AKILLES.

NICKEL & ROSE (USA) LA GALERIA JAZZ 22 SETEMBRO 2018

Un duo que fusiona as duas partes máis importantes da música americana. Por un lado Bluegrass, Folk e por outra Blues,Jazz de raigames africanas. Conseguen que entendamos o tradicional como novidade para o futuro. Estarán na Galería Jazz en Vigo.

THE MIRAGE LA FABRICA DE CHOCOLATE 21 SEPTIEMBRE 2018

Recoñecida e  admirada banda de Hard Rock das Rias Baixas. The Mirage levan a melodía e os riffs contundentes na sangue e da igual quen toque The Mirage é unha marca de rock’n’roll na que os membros non alteran o producto. Presentan na Fábrica nova formación e novos temas. Martins Mirage Rock, Dave Mirage, Juan Carlos Guerrero, Berto Lopo e Miguel Araújo.

Temos moitas sorpresas nésta edición, unha delas o adianto do novo disco de LOS MARCIANOS ‘NUEVO ORDEN CÓSMICO’ grabado en Estereoarte e editado por Clifford Records) o adianto é “No soporto el amor”.

Fixámonos tamén no Tour de Sticky M.A, membro activo de AGORAZEIN, que chega a sá Masterclub (Urzáiz 1, Vigo) o 22 de septembro acompañado de LIL MOSS Y BANANA BAHÍA.

Ainda ai máis, dádelle o play e disfrutade. BIKIÑOS NAS NALGHAS!!

Susana Estragha.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *