A Kanteira Outono: concertos, discos e videos de estrea.

Na ‘A Kanteira’ estreamos o Outono con novas arredor de discos, videos, e novos locais de concertos.

River Bucks Asociación Cultural leva 10 anos montando ciclos musicais e concertos con artistas da escena rock, blues e folk americano polas Rias Baixas. A última ocurrencia  ‘More than Blues’ un cíclo patrocinado por Alhambra, que pretende traer musicos relevantes do Blues, pero tamén de Soul, R&B e Funk. A estrea, na sá Rouge, co guitarrista Smilin’Bobby’ (Arkansas 1939),bluesman de longa traxectoria, tocou con lendas coma Buddy Guy & Junior Wells, Howlin’ Wolf, Buster Benton, Magic Sam…Especialista en introducir notas de temas alleos para fusionalos cos seus, unha maneira brillante de facer covers. Completarán o festival Michael Roach 8 de Novembro e Michael Dotson 13 decembro. Estaremos atentos.

Escoitamos o adianto de Los Marcianos ‘No soporto el Amor’ que estará no novo disco NUEVO ORDEN CÓSMICO (Clifford Records). Las Heroínas estrean novo film, o pase con concerto será en La Casa de Arriba o venres 5 Outubro. O inmenso disco Colorama de Basanta ten novo filmmusical ‘Gris’. FAMILY FOLKS tocan en La Pecera o Venres 5. Nos escoitamos unha fermosa cantiga do seu  “All the lost causes” .

 

 Un novo sitio para directos estrease esta fin de semana en ChurrucaTown ‘KOMINSKY’ Irmandiños,3. Dous grupos de Pontevedra, que presentan disco e Show, son os encargados de escachar a botella; Pantano e Glitter & Litter. Os primeiros mostrarán garaxe/psych/punk de alto octanaxe e baixa catadura moral a partir do seu disco“Live at Litium”. Os segundos son un trio de low-cost r’n’r, actitude desafiante, verbas glam, coiro negro e unhas nacaradas.

Vatapá Quinteto en La Pecera sábado 6 de outubro 2018. Este maravilloso quinteto de jazz, bossa nova, soul, swing…están de novo en vivo, onde mellor se atopan, nadando no esceario e fabricando sons deliciosos e elegantes con voz, guitarra, clarinete, cajón e contrabaixo.

Dalle o play e disfruta do talento que ai e ven. SUSANA ESTRAGHA

UNHA PRODUCCIÓN RKVRADIO.COM


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *