A Kanteira Outono de Aniversarios, Maré de lusofonías e Black Metal

 

ANCROIDAL’ de STONED AT POMPEII celébra o seu primeiro ANIVERSARIO
Un ano de xira, festivais, videoclips, premios, concertos… mellor álbum debut dunha banda nacional. Nesta festa estarán cos  UNTIDES! de Lugo.

 

A cultura lusófona ten dende ai anos un Festival que se celebra en Pontevedra Galicia que serve para que artistas de América-Africa-Portugal e Galicia teñan unha intercomunicacion cultural o redor das falas lusófonas. Este ano dende a promotora Nordesia, apostaron por incluir novas propostas abríndolle a porta a Cultura Hip-Hop e deixando que se cole tamén o Pop Rock en Galego. Así entre estrelas do folk Lusófono de todo o mundo como Julio Pereira, Uxia, Mercedes Peón, Madredeus, Teresa Salgueiro, Chico César, Kepa Junkera…e unha longa lista da Galaxia, nesta 14ª edición disfrutaráse de  CAPICUA + WÖYZA + EVA RAP DIVA , GARCÍA MC & Nación Quilombo Ft. Alejandro Vargas + DJ MIL “Phonorama”.COLADERA Ft. Marcos Suzano + ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS, OS MENINOS e SELMA UAMUSSE.

A RESERVA ROCK (Rogelio Abalde,20,Vigo) está de 19º Aniversario, e Carlos o que leva o Timón estivo con nós nunha entrevista para falar da festa que teñen preparada o sábado 13 Outubro.

13:30 horas Sesión Vermú cun Karaoke con banda The Lelli Kelly’s ao vivo ‘KARAOKE EXPERIENCE’. O que lle pete e teña moito que cantar ten unha oportunidade de subir a uns dos escenarios máis importantes da Cidade de Vigo.

19:00h. ADOLFO FH de STONED AT POMPEii, ofrecerá un set de cancións en acústico.

22:30 hXira MAKETÓN WAY patrocinada por MAELOC e organizada por LOS40 Vigo dirixído por Salva Roncko, actuarán JAGUARS, grupo vigués gañadores do certamen E.I.S.V. MUSIC 2016.

Parabens a todo o persoal que fan deste local un imprescindible para a cultura musical galega.

DANTALION+DIOIVO NO MASTERCLUB, URZAIZ, 1. 12 OUTUBRO 2018

DANTALION, banda viguesa de Melodic Death / Doom Metal presentan o seu novo traballo “The Seventh Wandering Soul”, Sétimo disco en 14 anos. Compartiran escenario cos  tamén vigueses  DIOIVO do mesmo selo discográfico, con un Black Metal cargado de emotividade presentan nova Demo.

 

 

O venres 12 de Outubro teremos a oportunidade de ver sobre o escenario do Karraskal Rock (Parque Forestal de Zamáns), ás bandas Costas (liderada por Miguel Costas) e The Riggos (integrada polos seus fillos Bruno e Yago). O cartel complétase con Callahan o venres e con Zaius, Sherpa e Motores o sábado.

LAKUTA LA IGUANA 12 OUTUBRO 2018

LAKUTA (Siggi Mwasote e Cicely Taylor) xogan co Jazz, Funk, soul e música tradicional de Tanzania para fabricar unha sonoridade moi suxerente.

DANIEL’S DEAD BIRD NO KOMINSKY(VIGO) SÁBADO 13, E NO BAR NOVO LABRANZA, MEIRO (BUEU) VENRES 12.

Dalle o play e disfruta de tanto talento BIKIÑOS NAS NALGHAS!!!

SUSANA ESTRAGHA RKVRADIO.COM

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *