A KANTEIRA CO ARTISTA PLÁSTICO/SONICO ASH SANTOS

O artista plástico e compositor Ash Santos, non confundir coa actriz de América Horror Story, el é a Denominación de Orixe, tivo mostra na Think Tank Gallery de Los Ángeles, o mais grande espazo expositivo independente do centro da cidade californiana. Os seus deseños en camisetas saen en series tan populares cómo ‘Modern Family’ e Sillicon Valey da productora HBO. Estivo o carón do deseñador e ilustrador Teddy Kelly que traballou para marcas tales que: Sunny Sports Japan, Wolfs Killsheep Japan, Sonny Music, RCA, Warner Bros., VH1 Behind The Music, Billabong y DimMak Records. Ash está no borde da piscina preparado para lanzarse en solitario cómo musico. Ademáis de The Fritzels (unha formación inacabada que durará o que dure o hipotálamo de Ash, ¡Punkeou! con Cruceiro (grupo que xa non existe) xunto a Roi Basanta. Deixaron éxitos populares Alfagéme’ e ‘O Marisquiño. Ai uns días grabou en 45” catro cancions ‘Creepador’ ‘Frenopático’ ‘Bucanan’ e L.A’ nos exclusivos ‘Studios Velvet Cave’ de Indy Tumbita, de momento están en formato Demo predisco. Ash ofreceunos unha entrevista onde abondan as exclusivas é as anécdotas.

 

Na sá de concertos da Kanteira actúan Skirl, formacion Stoner de Pontevedra que xunto a Martillo, rock progresivo, estarán no El gato de Schrödinger, sábado 20 de Outubro.
SKIRL un power-trío que se poñen ata arriba de Black Sabbath, Alice in Chains e Led Zeppelin. Teñen disco ‘Skirl’. MARTILLO, cuarteto de Vigo que experimenta có Stoner dándolle xeitos de rock progresivo. Levan pouco tempo, dende 2016, pero xa deixaron pegada en festivais como High Gain Fest e Rock is Dead Fest.

Grandfather’s House veñen de Braga e son Rita Sampaio (voz e sintetizadores), Tiago Sampaio (guitarra) e João Costeira (bateria). Acaban de editar ‘Diving’ o seur terceiro traballo, debutaron con Skeleton,EP,2014, que conta coas colaboracions  de Adolfo Luxúria Canibal, Nuno Gonçalves y Mário Afonso

Papercutz é unha banda portuguesa de synthpop o son que mostran incorpora capas vocais, polirritmos sintetizador analóxico, texturas atmosféricas e ritmos urbanos. Destaca a sua estadía na Red Bull Music Academy remesturando e producindo o traballo de JMSN e Morgan Kibby de M83. Presentan `King Ruiner’ o seu novo álbum.

Voltaica + Radiomagnetic Killing Machine na FABRICA DE CHOCOLATE 19 OUTUBRO

VOLTAICA sorprendeu alá polo 2009 cun son crú, duro e rabioso cunha grande habilidade para crear boas melodías. Vamos unha banda de Punk High Energy que miraba de reollo a escena rock dos 90′. Despois un parón que deixou os seus xiareiros orfos. Pavi, Sergio, Jose, Alex e Ivan remataron a odisea na percura da identiddade do grupo, agora voltan con toda a enerxía concentrada neste periodo. Lanzaron un videoclip Poland’ adianto dun disco con 10 cancions que presentan en ‘La Fábrica de Chocolate’ de Vigo.

O 20 de outubro a Webzine CANEDO ROCK.COM celébra o seu 15º aniversario

Os vigueses STONED AT POMPEII e SUPERNATURAL ROCK BAND serán os pratos fortes do aniversario xunto aos ourensanos The Downside. Na Sesión Vermú e abrindo a festa estarán MITOCONDRIAS miticos da escea rock galega dende a década dos 90′

DISFRUTADE DO TALENTO CREATIVO DA FOSA ATLÁNTICA. DALLE O PLAY. BIKIÑOS NAS NALGHAS!!!  SUSANA ESTRAGHA PARA RKVRADIO.COM

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *