A Kanteira Outono ao vivo!!!

Este Outono vai rematando con tralla, lume e paixón poética sobre os escenarios das Rias Baixas e da Fosa Atlántica, Galicia. Os Druidas de Transylvania Metal Pub teñen un feixe de rituais para queimar Novembro. Autum Alive Fest onde estarán os canadianos Striker, hard rock clásico con brillo fresco; bandas locais como Atreides, LethalVice e Iron Hunter unha orxÍa de Trashmetal, Heavy e Hard Rock. Cheiramos asfalto punk dos 70′ cos grupos que estarán no Roller Fest IV na Iguana: Última Sacudida, Bule, Nobody´s. Chus Navajo cóntanos unha historia de pó e carretera, Santi Araújo ofrece un ‘Grial’ na ”Catedral” do pop, un traballo espléndido de un poeta musical. E tamén estamos con Ben Salter, un músico australiano, que fai maxia coas cancións e que está de xira por Europa. Corrémalas cortinas cos Planetas vinte anos dende que estiveron unha semana no motor dun autobús (1998,RCA-BMG). ABRIMOS O TELÓN CON ‘APHONNIC’ que voltan a casa polo Nadal despois de dous anos reventando os escenarios do mundo cun disco ”INDOMABLE”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *