A Kanteira: Inverno de Festa e Rock Solidario

A KANTEIRA abraiada pola cantidade de bondade e talento do mundo musical que nos arrodea púxose en posición Nadal. Máis ca iluminación da cidade brila o VI Rock Children Festival. O mellor do Hard/Rock/Metal da Iberia enteira está durante tres días en Vigo repartidos polas salas Reserva Rock/MasterClub/Transylvania. Un berro seco por Fran Vázquez e por Carlos Reserva, as bombillas do Festival. 13 de Dec – 16 de Dec · Vigo, Spain.

Concertos perigosos tanto física como psiquica. Artistas arriscados pola arte Pop/Rock que presentan novos traballos e novas propostas: The Oscillation unha experiencia cósmica por sons galácticos de Tangerine Dream, Spacemen 3, miligramos de Miles Davis unha viaxe a bordo dunha nave Punk/Funk. O capitán Demian Castellanos que empezou a exploración no 2008 con ”Out Of Phase” DC Recordings. Agora cáseque unha tribu con realizador de luxo  o cineasta Julian Hand.

The Oscillation (Kraut, Drone, No Wave – Uk) en #OnTheRadar!

Saboreamos o son Stoner Rock de Gravesen ” Why so sorry” e de Atlántic Valley ”Desert Machine”.

Dom 20:30 16 deccembro 2018  A Fonte Do Galo Rock And Roll Bar  Cangas, Galicia, Spain recibe a un Querido Extraño que é en realidade Arturo Delgado, un tipo que percorre a musica montado nun Oldsmobile Rocket 88 polos 50′, 60′ blues do pantano historias western contemporáneas con sabor amargo de bon humor.

Rematámos a Play list con Última Experiencia, Electra e Winter Proyect.

Dalle o play e entérate alomenos a que soan os artistas que traballan por estes lares. Bikiños nas nalghas!! SUSANA ESTRAGHA.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *