A Kanteira; concertos, entrevistas e novidades da Fosa Atlántica, Galicia.

Concertos, entrevistas e novidades que suceden na Fosa Atlántica, Galicia. Espectáculos excitantes coma: Mr Sipp (Mississippi); An Eagle in your Eyes (Francia); Inyourface (Granada); The Conspiracy (Vilagarcía); Mow; Pauline en la Playa; Andrea & The Black Cats; Heroínas; La casa de los Ingleses; Antifrágil; Viva Suecia; Las Vin Up; Krudas Kubensi…

Mr. Sipp. Ciclo “Mais Que Blues”-10 Marzo Sala Rouge (Vigo). Creado por River Bucks Asociación Cultural.SALA ROUGE – 21:00H (20.30 apertura portas).

O multipremiado bluesman de McComb (Mississippi), Mr. Sipp é unha mostra da nova savia do blues, que recolle con respeto a historia para poder atreverse a crear cousas novas. Compositor, productor e guitarrista con Forza r’n’b rozando o funk-blues de alto voltaxe.

Sáb. 9 MARZO 22:00  Kominsky  Vigo, Spain HEROINAS ROCK MACARRA 100%

Heroínas son a voz do povo, Rock Macarra 100% con lendas coma Linda Lamarr, Coral Alonso, Beatriz Taboada e Indi Tumbita.

Inyourface + The Conspiracy En Vigo // 9 Marzo TRANSYLVANIA METAL PUB

Dende Granada INYOURFACE traen o seu último traballo ”Wildlife” unha boa remexida de Core Metal untado en Death. Non estarán sos, teñen compañeiros de escea; The Conspiracy que dende Vilagarcía son devotos do ruido e da xente que Ghrita moito, moito. Ah e gostan tamén de Pantera,Sepultura, Phobia…

An Eagle in your Mind (Francia) no Bar Pancho. A Guía, Randufe.Tuy

Un dúo francés nomada que é todo un mundo musical que experimenta a vista de aguia con folk axitado en  percusión hip-hop, música hipnótica, sintetizadores 70′ e drones exóticos. Folk abstracto mesturado co rock psicodélico, música sacra e hip-hop.

Unha variedade colorista a axenda cultural independente da Fosa Atlántica, unha explosión de diferentes maneiras de entender a arte musical; Dalle o play e disfruta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *