A KANTEIRA EN ”VENRES VERMELHO”

Entrevistas, estreas e shows da Fosa Atlántica, Galicia. A entrada da primavera converte o fin de semana do 22 Marzo nunha explosión de concertos de calidade. Visitan as Rias Baixas Marco Mendoza, Ana Popovic, Corey Harris, Moonshine Wagon, Chaos Before Gea, Ghesgha, Martillo, Willie & Winnie, Juseph, Cherokee… Unha orxía musical en directo.

ANA POPOVIC. SALA ROUGE,VIGO,GALICIA.22 MARZO 2019

A chegada da Primavera trae ata as Rias Baixas e a toda Galicia unha actividade de concertos sen freno. Visitas ilustres coma a de Ana Popovic, unha maquina elaborando Blues,Rock,Funky e R’n’B que sorprendeu a figuras lexendarias coma B.B. King, Buddy Guy, Joe Bonamassa ou Gary Clark. É unha das faces maís queridas de revistas prestixiosas coma Vintage Guitar ou Guitar Player. O seu concerto de Vigo na sá Rouge organizado por River Bucks Asociación será a única actuación en Galicia.

MARCO MENDOZA.TRANSYLVANIA METAL PUB,VIGO,GALICIA. 22 MARZO 2019.

Outra actuación para lembrar é a de Marco Mendoza baixista de longo percorrido, que está presente en discos de Ted Nugent, Thin Lizzy, Whitesnake…e cunha carreira en solitario exitosa. Despois dun parón no mercado está de volta con novo traballo ”Viva La Rok” e na sua xira de presentación fai parada en Vigo. Será a sá Transylvania Metal Pub a que acolla a esta figura do rock.

MOONSHINE WAGON.VIGO.GALICIA. LA CASA DE ARRIBA.22 MARZO 2019

Os de Vitoria Gasteiz, reis do bluegrass-punk, están con novo traballo ”Straight From The Mud” cómo excusa para seguir rulando polos camiños en furgoneta e vivir a tope a musica con raigames americanas.

GHESGHA.MARTILLO.LOS DÁMASOS.KOMINSKY,VIGO,GALICIA.22 MARZO 2019

A sá Kominski en Vigo recibe as estreas discográficas de Ghesgha ‘Umbral da Cosmogonía” un exercicio de rock progresivo, psicodélico e que bebe a grandes chopos da creatividade dos anos setenta. Xunto a Ghesgha estarán Martillo, banda de Stoner que presenta o seu traballo ‘Creatures of the Universe’. Tamén tocarán Los Dámasos, grupo experimental con alma surfeira e psicodélica de Vigo.

Pasan polo escenario de A Kanteira tamén sorpresas como Juseph, Chaos Before Gea, The Wonderminds e o 25 aniversario da carreira de Fran Vázquez unha das grandes voces do Heavy Metal español.

Dalle o play e disfruta da enorme actividade con calidade da Fosa Atlántica,Galicia. BIKIÑOS NAS NALGHAS!!! SUSANA ESTRAGHA

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *