A Kanteira en ”concertos sen fin e quentando”

Na Fosa Atlántica a actividade musico-cultural non para, está nun movemento deseguido sen miras de retardar. Unha gloriosa fonte de visitas de primeiro nivel e posta en escea de propostas locais en catarata. Estamos que estoupamos de cóxegas por dentro.

TINCHO FERNÁN CARA B

O Urugaláico Tincho Fernán amenizou as noites viguesas dende El Contrabajo durante o verán do 2018. Arrodeouse de amigos musicos íntimos; Nuria González e Carlos Gil con visitas de amistades estelares cómo Diana Tarin, Walter Cesar, Natary Feel, Miriam Sandoval, Roi Grandío, Frans Bansfield, Samuel Leví, Iban Marciano, Maxi Y Marcos Machín, Molsom e Cristian Villar, todos artistas atlánticos que dan nivel e luz a cultura musical das Rias Baixas creando noites máxicas de veran. Parte deses momentos podémolos escoitar en ”Cara B” disco polaroid de 16 instantáneas musicais no El Contrabajo, verán 2018.

LAKAZANS + DEAD WOODS LA PECERA VIGO, GALICIA 12 ABRIL 2019

Blues galego con clase e musica para westerns clásicos danse cita en La Pecera. The Lákazans mostran na Kanteira un canto oscuro de alma rabuñada ‘Let’s make love until the death’ e os faraxidos do Salnés, Dead Wood, unha historia do Oeste ‘Jimmy the coward & Percy the brave’.

ANTONIO TATO EL CONTRABAJO, VIGO 13 ABRIL 2019

O cantante Antonio Tato retoma os seus concertos despois dunha paradiña por saude. Levará o bon facer no eido do Country, Blues, Folk, Bob Dylan, Leonard Cohen, Johnny Cash, Tom Waits…

FINAL VII CONCURSO DE BANDAS ROCK IN RIO TEA GETHERE + EL SÓTANO DE BABEL JJ COPAS PONTEAREAS, GALICIA

En xogo unha praza na 7ª edición do festival ROCK IN RIO TEA con Música de  El Sótano de Babel, unha proposta sorprendente, sen complexos, sen etiquetas  con personalidade. Pasean do pop-indie ó Rapeo con suficiencia utilizando voces e coros de moita calidade e moi coidados. Vanse a bater con Gethere de Oviedo artesans de rock-funk-experimental. As duas bandas gañaron xa con participar.

Estamos con los shows de The Dawlins que descargan su Country Ibérico en el RADAR ESTUDIOS. HIJOSDELASAL presentan na Fábrica de Chocolate o seu regreso discográfico ‘La Señal’. Dende Bilbo chegan Wizard, banda potente de Hard Rock e Doom, que tronarán na Salason de Cangas o sábado 13 de Abril. Little G Weevil, un bluesman de Budapest, visita a sala Roughe dentro do Ciclo Mais que Blues organizado por River Bucks Asociación, estará montando unha grande xunto a Del Toro Blues Band.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *