A Kanteira ‘Danza Roquiño Danza’

Entrevistas, novidades, axenda e todo o posible da irrupción musicocultural da Fosa Atlántica, Galicia. A metade de Agosto apuramos os últimos festivais. Neste episodio Roqueamos na festa viguesa da romaría urbana máis antiga da comarca, con historia documentada desde o século XVII, que se basea no culto a San Roque. Os animadores Tony Lomba e Andres Cunha; Cronicas Pop que recrean tesouros do pop e do rock dos 80′, La Patrulla e Broken Peach

Ollamos solpores máxicos na praia Dos Olmos namentras escoitamos musica surf, cumbiarock, punkinstrumental… Cabalgamos outra vez con Diego Pacheco, o músico ten cabalo (disco) novo ‘Mustango’. Bailamos rock’n’roll con Rockin’ Gina & The Sentinels; Visitamos o Val Miñor Fest chegamos ata Burela para estar no OSA DO MAR festival. Continúa…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *