A Kanteira: Churruca, Aniversarios, Cadelas e Rock’n’Roll

Entrevistas, novidades discográficas e toda a información cós nosos reporteiros recollen do magma volcánico contínuo que supon a cultura musical en vivo da Fosa Atlántica, Galiza.

Celebramos con paixón os vinte anos do Reserva Rock, templo icónico da diversidade cultural e actividade musical da cidade de Vigo. Un sitio distinto onde escoitas, comes e coñeces xente en ambente amiga, está de 20 Aniversario. Por esa data, tan gostosa, escoitamos a duas formacións ‘Golden Edition’ que amenizarán o Cumple de Carlos Reserva, Rosa Reserva, Titto Reserva…; Family Folks e The Bo Derek’s.

A Fábrica de Chocolate espalla diversiòn con Los Tiki Phantoms & The Lizards.

The Jokers, un dos shows rock’n’roll máis auténticos do mundo, están na Sala Son de Cangas, unha das capitais do rock mundial.

A percura das propostas imposibeis é o que máis alimenta a sala Radar. MOURNE, equipo sónico alimentado polo devenir do Pop e do Rock Independente dos 1990, propoñen divertirse con necesidade de Bicarbonato.

En Lalín ‘Cocido Town’ teñen unha omenaxe o Street Punk do 77′. Peter & The Test Tube Babies, Keltoi!, Bule e Guitar Gangster.

Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, antes de partir cara Londres e repartir r’n’r con Lucy & The Rats, poñen forza no ‘Churrucan’ para axudar as nosas amigas as cadelas mais os nosos amigos os cans.

Fon Román, poeta musical, ten un novo disco LA CHISPA, LA LLAMA Y EL HUMO» todo un percorrido pola música coma se tratase dun eufemismo da vida mesma.

Époje Tatum, rabuña nas entrañas de cada un de nós. Todos o sabemos pero el é o que o conta con arte.

Rematamos cunha grande banda de Rock’n’Roll, os ECSTATIC VISION, que dende Philadelfia aterran para un grande show Furry Psico Rock no Pub Transylvania Vigo, Galiza. Dom 13 OUTUBRO 21:00 H.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *