A Kanteira, sitio musical perigoso

A Kanteira, sitio musical perigoso. Esmorga perigosa vivida o luns pola noite no clube A Kanteira, rua rkvradio.com. Dark show, punk rural, folkelectrónico, heavy, pop, hip-hop e outras pocemas.

Abrimos a festa con Juanito Broders axitadores de parques e adros con ambente politoxicómano que a primeiros do seculo XXI rapeaban con elegancia, funk e son potente con flow cachondo e de risotada. Traxectoria laboral: «Vino con gaseosa y fue golfa totalmente» (2003) , «Demo 2005 (La del Doble Dragón» (2005). «Radiocasette EP» (2006), un CD con catro pistas nas que disfrutan co que fan.

Dende o Morrazo viñeron en barco coma Gallegos Comunes. Ofreceron Churrascada con espumosos máis Punk Rock con retranca retorcida

juno son Martí Perarnau e Zahara. Editaron hai uns meses_BCN747, unha nova experiencia musical e sonora. Un disco conceptual, caseque, vas nun vó cunha banda sonora con variadas transmisions sensoriais. Cancions melancólicas e bailables a vez, tristes e alegres. Adecuado para A Kanteira, sitio musical perigoso

Escoitamos o novo de Cherokee que xunto con Kuna de Odio estaran no Metal Nostrum Fest II

Stasia Momento, Golden Lips e The Steepwater band ofreceron un espectáculo de horror e blues

Lista audio
1. Juanito Broders – 106
2. Gallego Común – Churrasco e Champán
3. Juno – Anikilación
4. Babykatze – ZK
5 – Elba – Natural Magic
6. Stasia Momento – Let me see in your eyes
7. Golden Lips – Parasite Level
8. Cherokee – No hay perdón
9. Kuna de Odio – A hostias
10 – The Steepwater Band – Make it right

SUSANA ESTRAGHA A KANTEIRA RKV/RADIO LIVE LUNS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio