A Kanteira Primavera Party

A Kanteira mira de reollo a producción discográfica parada pola Pandemia, que obrigou a deter ós concertos en vivo, para estar preparados cara a volta.

Nesta Party Primavera recende a: Bo Derek’s que ian coma un cohete co seu flamante ’10’. Agoraphobia ‘Unaligned’. Dreams of Dolly Sheep ‘Misantropía’. Moito! ‘Anexo’. Maren Ladson ‘AZUL’. Amaro Ferreiro ‘Personajes Secundarios’. Eladio & Los Seres Queridos ‘Academia’. Aphonnic ‘La Reina’. Stoned at Pompeii ‘Ancroidal’.Pacheco ‘Mesteño’.

A Kanteira, Galicia, a festa continúa..

Entrevistas, novidades discográficas, axenda musical e todo o rebumbio musicocultural da Fosa Atlántica.

Neste episodio estivemos conversando con Irene Caruncho, gañadora de ‘La Voz’ edición 2016, de proxectos discográficos e de propósitos vitales.

Escoitamos a Pegas Negras, Acid Proyect, Agoraphobia, Dubioza Kolectiv, High Paw & Elephant Yard e Los Jinetes del Trópico. Estivemos nos festivais: Rilla Na Rúa, Home do Unto, Festival Armadiña Rock Estrella Galicia…