A KANTEIRA conversa con Aliens, Cowboys e Nicolás

Entrevistas, novidades discográficas, axenda e todo o rebumbio musico-cultural da Fosa Atlántica, Galicia. Neste episodio entrevistamos o Duque da música viguesa Nicolás Pastoriza, que presenta novo traballo ‘ Aliens & Cowboys’ . O proxecto ten un fin solidario e nel colabouran grandes amigos como Eladio Santos, Oscar Avendaño, Victor Coyote, Antonio Duran ‘Morris’ Pablo Novoa, Ivan Ferreiro.


Escoitamos a Époje Tatum , o poeta desgarrador ten cita na Cada de Arriba. Estamos coa despedida de NAO, viaxamos polo mundo do ‘Modulador de Ondas’. Poñemonos de rock urbano con Marea e bailamos as toluras de El Sótano de Babel e Cool Cucumbers.

A KANTEIRA NO ONE ALIVE & CANTARES POR EL CAMINO

Entrevistas, estreas discográficas,axenda e todo o que brota da Cultura-Musical da Fosa Atlántica, Galicia.

Neste episodio conversamos cun auténtico foraxido da banda No One Alive. escoitamos unha historia do Salvaxe Oeste cunha trama de traición, asalto a banco, vinganza, todo manipulado polo Demo.

Na segunda parte, máis calmadas, falamos con Tincho Fernán que diseñou un festival con raíz no seu proxecto en Youtube ‘Cantares por el Camino’ nun lugar máxico ‘Finca Solita’, Alcabre, con artistas da talla de Époje Tatum, Sheila Patricia, Antonio Tato e moitos máis.