A KANTEIRA: A MÚSICA EN VIGO ESTÁ PARA ACUDIR E DIVERTIR

FEI ‘O REGRESO’ NA KANTEIRA; ENTREVISTA Ó ARTISTA MÁIS GLAM

Ésta fin de semana preséntase divertida, e tamén solidaria, nos escenarios musicais ao longo e ancho das Rias Baixas. A Raiña do GlamRock en Galicia FEI estivo mentalmente durante un ano máis alá dos Outeiros de Twin Peakes, secuestrado pola Loxia Negra. Agora ante un aniversario biolóxico prepara un show para festexar que está en metamorfose. O retrato de Ziggy Stardust está comido polos vermes, necesita unha nova pel artística. Concerto na Iguana para anunciar o cambio, dar pistas,  e de paso convertir o Show nun acto benéfico para Aldeas Infantiles. Laura Palmer tal cual fixera a Raiña do Acido (Tina Turner) a Tommy na versión cine da Ópera rock dos Who, mudou os sentidos do artista vigués con tanta aventura psicodélica.

BANDITOS 28 Oct. Concerto benéfico contra o cángro infantil!! Sala Rouge 20:00H (Vigo)

A Asociación River Bucks, que organiza durante todo o ano concertos de artistas do rock americano, blues e soul, únese a ‘Bicos de papel’ unha asociación sen ánimo de lucro que axuda a nenos oncolóxicos e as  suas familias, coa grande idea de recaudar fondos. Vai ser cun concerto da banda de Alabama The Banditos que teñen venas por onde flúe country, rock, bluegrass, blues e bromas indie e andan de xira por Europa. Tan só 10€ por unha gran banda e unha boa causa. Entradas en Discos Elepé e Honky Tonk Discos e tamén via online en https://entradium.com/entradas/the-banditos

III ANIVERSARIO RADAR ESTUDIO 26 de Out – 29 de Out

VIERNES 26 OCTUBRE

21:00H #BOOGARINS (BRASIL) 3:55H #BRUNOCOBRAS + #WAKADJ 04:00H AFTERPARTY #MONDOCLUB

SÁBADO 27 OCTUBRE 21:00h #JOECREPUSCULO 23:55H #PAULCHURCH + #CHARLIESIN04:00H AFTERPARTY MONDO CLUB / #CHERIESDJS (MAD)

Espectacular cartel para os Radar Estudios capitaneados por Pablo Iglesias, un meigo do son. Parabens!

Estades convidadas a participar, dádelle o play. Susana Estragha RKVRADIO.