A Kanteira ‘Pop No Movida’

Entrevistas, novidades discográficas, axenda e todo o que sae do volcán musicocultural da Fosa Atlántica.

Neste episodio estivemos falando con Nillo Nández, músico, compositor e Luthier de guitarras, que despois de axitar a escea rock-pop viguesa, na transición secular do XX ao XXI, cun emo-pop que desafiaba as xenialidades de Jeff Buckley, a intensidade de Muse ou a melodía de Radiohead.

Dende Pacífico e pacificamente Nillo puxo guinda a unha carreira que ten pausa pero non abandono. Este sábado 30 Agosto 2019 ‘El Contrabajo’, músicos de Kabuto Jr., Medusa, Superbudú, Inerttes, Antifrágil, High Sierras arrouparán a Nillo Nández nun concerto que ogalla serva para unha nova etapa musical e discográfica. Rematamos con SoulJacket que axitará con Soul-Rock todo San Vicente do Mar.