A Kanteira ‘Sobre Mesteño por un Océano’

Entrevistas, novidades, estreas discográficas e todo o rebumbio da Fosa Atlántica. Neste episodio compartimos conversa con Merche Pérez, artista multidisciplinar, que xunto o fotógrafo Pablo Pintor rodaron unha curtametraxe ‘Océano sen rostro’ O enfrontamento contra a realidade dunha muller atrapada nunha illa baleira. Será en La Historia Café Bar «NAVY BAR». Proxección da curtametraxe as 13:30 e Sesión-Coloquio Vermú. Cabalgamos xunto a Diego Pacheco en ámbolos Mesteños. O músico mostra o seu espectáculo de Jazz, Flamenco, Blues e Western en vivo no El Teatro Centro Goianes,Goián o 08 Xuño as 22:30. Chegamos ata El Paso II platicando sen parar. Polo medio paramos en La Fábrica de Chocolate para meternos unha dose de Punk Gherrilheiro!!!