A KANTEIRA ENDLESS SHOW

Novedades, entrevistas y cartelera sónica de La Fosa Atlántica,Galicia. Bo Derek’s, Sinciders, Blowfuse, Apache, Derby Motoretas Burrito Kachimba, Vuk, STA, Maryland, Santi Araújo, Gate Doors, Izo FitzRoy, Skandalo GZ, SéS y Diego Pacheco.

BO DEREK’S + SINCIDERS. KOMINSKY,VIGO. 6 ABRIL 2019

Bo Derek’s son un power-trio de rock’n’roll  para troular, beber e bailar, con sons do Demo en plan Dr. Feelgood ou The Bishops mirando fixamente os ollos de Bo Didley, Devil Dogs ou Mermelada. Oscar Avendaño (Siniestro Total, Los Profesionales, Reposado, Los Naipes) ,Jorge Lorre y Rufus el Guarro (Los Wavy Gravies, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Dead Wood…). SINCIDERS (Barcelona)  punk rock enérxico para lembrar a The Saints, Dead Boys ou Damned. Presentan novo LP “Synesthesic Sensibilities”

BLOWFUSE + APACHE. LA IGUANA.VIGO.GALICIA.5 ABRIL 2019

Blowfuse está de xira ‘RitualTour2019’ presentacion do seu novo disco «Daily Ritual» que respira por todos os poros punk rock dos 80 e 90, mesturando agresividade hardcore punk melódico con riffs do hard rock clásico. O grupo Vigués Apache faran de anfitrions.

DERBY MOTORETA’S BURRITO KACHIMBA. RADAR ESTUDIOS.VIGO.GALICIA VENRES 05 ABRIL 2019

Baixo este extravagante nome están musicos de The Milkyway Express, Quentin Gas e  Los Zíngaros. PsichoKinky sound que se alimenta dos delirios sónicos de KingGizzard & The Lizard Wizard mesturados con lembranza dos Triana.

Moitas sorpresas máis a cargo de talentosos artistas. Entérate que a Fosa Atlántica non para isto é Shows en Bucle. Susana Estragha.


A Kanteira Outono ao vivo!!!

Este Outono vai rematando con tralla, lume e paixón poética sobre os escenarios das Rias Baixas e da Fosa Atlántica, Galicia. Os Druidas de Transylvania Metal Pub teñen un feixe de rituais para queimar Novembro. Autum Alive Fest onde estarán os canadianos Striker, hard rock clásico con brillo fresco; bandas locais como Atreides, LethalVice e Iron Hunter unha orxÍa de Trashmetal, Heavy e Hard Rock. Cheiramos asfalto punk dos 70′ cos grupos que estarán no Roller Fest IV na Iguana: Última Sacudida, Bule, Nobody´s. Chus Navajo cóntanos unha historia de pó e carretera, Santi Araújo ofrece un ‘Grial’ na »Catedral» do pop, un traballo espléndido de un poeta musical. E tamén estamos con Ben Salter, un músico australiano, que fai maxia coas cancións e que está de xira por Europa. Corrémalas cortinas cos Planetas vinte anos dende que estiveron unha semana no motor dun autobús (1998,RCA-BMG). ABRIMOS O TELÓN CON ‘APHONNIC’ que voltan a casa polo Nadal despois de dous anos reventando os escenarios do mundo cun disco »INDOMABLE».