A Kanteira ¡ Troula sen fin!

Escaparate sónico dos festivais e acontecementos musicais da Fosa Atlántica. Neste sitcom estamos presentes na VIII Xuntanza VRAS VIGO (rebumbio moteiro con asociacions viguesas e de todo o estado). En moto atravesando a Ponte de Rande imos o MORRASOUND 2019, alí esperan estrelas coma O’Funkillo, The Limboos, The Brew, Los Vinagres, Lou Reyes, Yo Diablo, Spoonful e moitos maís.

A figura que representa perfectamente o salitre que ai entre Vigo e Buenos Aires no eido da construcción de lazos de ferro coa cultura musical das Rias Baixas, é Fran Bansfield (Phantom Club, Hijos del Rigor…), jallejodaplata’ . Ten unha cita con todas na Fonte do Galo (San Vicente 10) onde vai a dar un repaso a clásicos do rock arxentino; jodida tarea.

En el Contrabajo, Vigo, están mostrando ríxidos riffs de rock The Broke.

Un Fanzine!!!!! amigas un puto fanzine en físico. O acontecemento insólito será na Kominsky, CAPUT presenta: Elephant Maze ( unha ola kaótica de sons dende Lisboa) + Dientes (punk Lo-Fi rabioso e oxidado asteleiro).

Pechamos cortina con Eladio y los seres Queridos, que amenizarán xunto con outros o ‘Ribeiro Son de Viño’ na Praia da Barrosa, O Grove. Pero antes imos a por uns shocks eléctricos ofrecidos por uns schizophrénicos Krautrockers, «quejíos» flamencos, rock de Anatolia, pop progresivo, misticismos árabes y mixticismos varios. Vamos que tragamos unha Pílula Vermelha + Bonus Acid con RRA no templo Radar Estudios, Iglesias Esponda, 30, Vigo, Spain.

A KANTEIRA MAIO FEST NA FOSA ATLÁNTICA

Carteleira, estreas discográficas, entrevistas e barrenadas que acontecen na Fosa Atlántica, Galicia. Neste episodio escoitamos a: Kevin Herm, Ordet, Costa Escura, Cinta Adesiva, Spoonful, The Blind Crows, Samesugas, Toundra, Cool Funeral, Alberto Conde Iberian Roots Trio. Visitamos sitios como La Casa de Arriba, Kominsky, Fundación Sales, MoMo, Iguana Club…