A KANTEIRA EN »AO CARALLO 2019»

A Kanteira pica nos traballos discográficos de artistas, independentes ou non, lanzados no 2019 arredor da Fosa Atlántica, Galicia.

Maravillas de No One Alive, Diego Pacheco, The Soul Jacket, Family Folks,

Joao Tomba,  The Bo Derek’s, Nicolás Pastoriza, Pegas Negras,

Morgadance, Martillo, Loiros.

 

 

A KANTEIRA AT THE 19th MAKETON MAELOC PARTY

Entrevistas, estreas discográficos, axenda e todo o magma que brota da Fosa Atlántica, Galicia. Neste episodio imos cara LA IGUANA para asistir a 19º Edición dos premios MAKETON MAELOC, Radio Vigo, o mítico programa de apoio constante a cultura musical das Rias Baixas, dirixido por Salva Ronko. Repasaremos as categorias e pechamos cos convidados ao vivo do evento WÖYZA e BO DEREK’S.

As categorias son: Mellor Disco Autoeditado Local; Mellor Disco de grupo Loca; Mellor Directo de grupo Local; Mellor Productor; Mellor Videoclip de grupo Local e Premio a Traxectoria Musical (categoría que premia unha carreira de lonxe).

A Kanteira ‘Pop No Movida’

Entrevistas, novidades discográficas, axenda e todo o que sae do volcán musicocultural da Fosa Atlántica.

Neste episodio estivemos falando con Nillo Nández, músico, compositor e Luthier de guitarras, que despois de axitar a escea rock-pop viguesa, na transición secular do XX ao XXI, cun emo-pop que desafiaba as xenialidades de Jeff Buckley, a intensidade de Muse ou a melodía de Radiohead.

Dende Pacífico e pacificamente Nillo puxo guinda a unha carreira que ten pausa pero non abandono. Este sábado 30 Agosto 2019 ‘El Contrabajo’, músicos de Kabuto Jr., Medusa, Superbudú, Inerttes, Antifrágil, High Sierras arrouparán a Nillo Nández nun concerto que ogalla serva para unha nova etapa musical e discográfica. Rematamos con SoulJacket que axitará con Soul-Rock todo San Vicente do Mar.

 

A Kanteira ‘Polas Rias Baixas Vou, Festivais Go Go!

Novidades, entrevistas e axenda musico-cultural da Fosa Atlántica. Estamos en momentos festivais, visitamos o WildFest que se celebra en San Miguel de Oia 28,29 e 30 de Xuño. Enfocado cara a natureza desenrolan unhas xornadas multidisciplinares con cine,música, gastronomía e deporte.

Unha cita con Molly Burch que ven dende Austin para presentar novo traballo ‘First Flower’ a plaza interior concerto será no Radar Estudios (Vigo)Sábado 21:00 – 00:00 Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Spain. Xogamos con Selvática e con Mundo Prestigio.Sábado 21:30 – 23:58 Kominsky Irmandiños n°3, 36201 Vigo. Troulamos a ritmo de Rock & Roll da vella escola fresca do día The Bo Derek’s e Joa Tomba Orquesta TDK Chrome. Polas Rias Baixas vou!!

A Kanteira ¿Onde estás Cachamuiñas?

A Fosa Atlántica ofrece unha carteleira de inspiración primaveral, moi axitada e tola.

Javier Escovedo and The City Lights, Vigo, La Iguana 30 de Marzo Vigo, Spain

O guitarrista Javier Escobedo leva unha vida creando melodías certeiras o rededor do rock-punk-garaxe con derivada cara o western-mex. The Zeros, The True Believers…Este mestre do PowerPop morno. Está de xira por Europa acompañado polos The CITY LIGHTS formada por Dave James (Lords of Altamont / SuperBees) a guitarra, Max Jams o baixo (Johnny Marr / The Underground Youth) e Chris Bongers (Paul Collins / John Wicks) a batería.

The Mani-las + Kurt Baker Combo en Vigo | SON Estrella Galicia. Venres 29 Marzo 2019  La Iguana Club.

The Mani-las: Mariana Pérez (Sonic Trash, Rubia, Cora Bloom) a batería, Maika Makovski (The Mani-las) o baixo e Olaia Bloom (Las Culebras, Cora Bloom) a guitarra. Rápidas, melodiosas, bailables unha tolura. As suas balas son de prata, exemplo He’s got the Power (The Exciters). Veñen reforzadas cuns foraxidos cós revolveres cargados de elegante rock-pop-poderoso; os excitantes Kurt Baker Combo. O musico americano que estivo en bandas coma Leftlovers decideu ala polo 2013 arribar a Europa; rematou en Madrid. Axiña formou unha banda Kurt Baker Combo: Juancho López o baixo (Paul Collins Beat, Peralta, The Crepitos), Jorge Colldan (Holy Sheep, The Flash, Señor No) a guitarra e coros, e Sam Malakiam a batería (Alrighters, Los Platillos Volantes). Baker ten claras as suas influencias: Glam, Punk, Garaxe, Rock, The MC5, The Remains, Eddie & The Hot Rods…

MILETH + DIOIVO. 29 MARZO SALASON CANGAS. GALICIA

Xiramos nun TioVivo de novidades galegas coma os de MILETH unha formación de Metal extremo con sustancia profunda de musica tradicional e folk galego, eles chamanlle ‘Metal Pagán Galaico’. Presentan traballo novo titulado “Catro Pregarias no Albor da Lúa Morta”. Estarán acompañados por DIOIVO.

Ezetaerre en Vigo 29 MARZO. 2019. Sala Doppler Vigo ,Spain.

O grupo de Rap en loita Ezetaerre e dicer Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño) están de estrea »Polvo e Tormenta» que eles definen: unh traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria. Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.

Estamos tamen cos directos de Ses, Second, Thee Blind Crows, Denis, Los Arboles, The Soul Jacket e sempre sorpresas, ai que comelo todo para que preste. BIKIÑOS NAS NALGHAS!! SUSANA ESTRAGHA.