A Kanteira ¿ Que pasa aquí ?

Carteleira, novidades, entrevistas, arredor do que se roe pola Fosa Atlántica. Neste episodio escoitamos a: La Beriso; Tincho Fernán; Jake Shane; Pervy Perkin; Martillo; The Broke; The Twist Connection; Hamlet; Said Muti e Crudo Pimento. Visitaremos locais cómo: Salason (Cangas); Masterclub (Vigo); Transilvania Metal Pub (Vigo); La Fábrica de Chocolate (Vigo); La Iguana Club (Vigo); Aturuxo (Bueu)…

LA BERISO LA FABRICA DE CHOCOLATE VIGO GALICIA 26 ABRIL 2019

Dende Avellaneda e con sona de ser unha das alegrías do Rock arxentino, La Beriso están de xira por España mostrando o seu último show e oitavo disco La Beriso: 20 Años Celebrando (2018). É a primeira vez que veñen por Galicia.

PERVY PERKIN MARTILLO TRANSYLVANIA METAL PUB 27 ABRIL 2019

A máquina de Metal Progresivo/Experimental PERVY PERKIN traen un novo espectáculo a Vigo, estrean disco »Comedia:Inferno» conceptuando a Diviña Comedia, obra cume do século XIV, de Dante Alighieri. Con eles estarán os vigueses MARTILLO que fusionan unha mestizaxe de  stoner/psicodelia/progresivo. Martillean o seu último artefacto »Creatures of The Universe»

HAMLET BERLIN MASTERCLUB VIGO 26 ABRIL 2019

Personaxes perdidos da obra de Shakespeare, Hamlet, mostraron un discurso musical baseado nos discos de Sepultura, Slayer ou Pantera nos principios, para desenrolar e encanar diferentes estilos e subestilos dentro do Metal Rock o longo de 25 anos; personalizado. Heavy, Punk, Rap, Metal, todos materiais nobles para unha carreira impecable (12 discos).

CRUDO PIMENTO ATURUXO BAR BUEU 28 ABRIL 2019

Crudo Pimento, un luthier máxico que fai música, Raúl Frutos, coñecido tamén como o Captain Beefheart da horta do Segura, xunto á fotógrafa e promotora musical Inma Gómez, formaron un dúo alá polo verán do 2012. usan instrumentos de fabricación caseira e afinacións imposibles (pau dunha corda, marímbula de follas de serra, tixolas e olas suxeitas con cordas e pinzas de tender). En outubro de 2018 gravaron en Nova York co produtor Marco Buccelli o seu cuarto disco, “Pantame” e andan de xira e troula polas salas.28 Abril 2019  Aturuxo Bar (Bueu)

A carteleira da Fosa Atlántica é rica en espectáculos de alta calidade: Said Muti (nuevo disco “Habitación 828”, La iguana 26 Abril); The Twist Connection (Batería, baixo e guitarra dende Coimbra ¡rock’n’roll!, Salason Cangas 26 Abril 2019; Jake Shane (La Casa de Arriba Vigo 26 Abril 2019). The Broke (Albergue Jamarte  Pontevedra 27 Abril). Disfruten e non se ghasten!!!

A Kanteira en »concertos sen fin e quentando»

Na Fosa Atlántica a actividade musico-cultural non para, está nun movemento deseguido sen miras de retardar. Unha gloriosa fonte de visitas de primeiro nivel e posta en escea de propostas locais en catarata. Estamos que estoupamos de cóxegas por dentro.

TINCHO FERNÁN CARA B

O Urugaláico Tincho Fernán amenizou as noites viguesas dende El Contrabajo durante o verán do 2018. Arrodeouse de amigos musicos íntimos; Nuria González e Carlos Gil con visitas de amistades estelares cómo Diana Tarin, Walter Cesar, Natary Feel, Miriam Sandoval, Roi Grandío, Frans Bansfield, Samuel Leví, Iban Marciano, Maxi Y Marcos Machín, Molsom e Cristian Villar, todos artistas atlánticos que dan nivel e luz a cultura musical das Rias Baixas creando noites máxicas de veran. Parte deses momentos podémolos escoitar en »Cara B» disco polaroid de 16 instantáneas musicais no El Contrabajo, verán 2018.

LAKAZANS + DEAD WOODS LA PECERA VIGO, GALICIA 12 ABRIL 2019

Blues galego con clase e musica para westerns clásicos danse cita en La Pecera. The Lákazans mostran na Kanteira un canto oscuro de alma rabuñada ‘Let’s make love until the death’ e os faraxidos do Salnés, Dead Wood, unha historia do Oeste ‘Jimmy the coward & Percy the brave’.

ANTONIO TATO EL CONTRABAJO, VIGO 13 ABRIL 2019

O cantante Antonio Tato retoma os seus concertos despois dunha paradiña por saude. Levará o bon facer no eido do Country, Blues, Folk, Bob Dylan, Leonard Cohen, Johnny Cash, Tom Waits…

FINAL VII CONCURSO DE BANDAS ROCK IN RIO TEA GETHERE + EL SÓTANO DE BABEL JJ COPAS PONTEAREAS, GALICIA

En xogo unha praza na 7ª edición do festival ROCK IN RIO TEA con Música de  El Sótano de Babel, unha proposta sorprendente, sen complexos, sen etiquetas  con personalidade. Pasean do pop-indie ó Rapeo con suficiencia utilizando voces e coros de moita calidade e moi coidados. Vanse a bater con Gethere de Oviedo artesans de rock-funk-experimental. As duas bandas gañaron xa con participar.

Estamos con los shows de The Dawlins que descargan su Country Ibérico en el RADAR ESTUDIOS. HIJOSDELASAL presentan na Fábrica de Chocolate o seu regreso discográfico ‘La Señal’. Dende Bilbo chegan Wizard, banda potente de Hard Rock e Doom, que tronarán na Salason de Cangas o sábado 13 de Abril. Little G Weevil, un bluesman de Budapest, visita a sala Roughe dentro do Ciclo Mais que Blues organizado por River Bucks Asociación, estará montando unha grande xunto a Del Toro Blues Band.