O Recanto do Corcovado 1316

O Recanto do Corcovado 1316 “Segmento cantábrico”, o novo traballo de Ugia Pedreira, é o noso disco destacado da semana. Con el abrimos un programa de orientación plural. Preséntovos a seguir un novo tema de “Mussol”, o novo traballo de Carles Dénia, o primeiro disco do dúo finlandés Hurja Halla “Riitti” (O rito). Pechamos a nosa habitual páxina adicada ás estreas da semana con “The Unfolding”, o novo proxecto da compositora norirlandesa Hannah Peel coa Paraorchestra de Bristol. Completamos o programa cun par de pezas do novo disco de Xabier Díaz.

O novo disco de Ugia Pedreira, “Segmento cantábrico”, xa está na rúa. O disco foi construído a partires de poemas de, entre outros, Carvalho Calero, Marina Oural e a propia Ugia. Os arranxos musicais, pola súa banda, son responsabilidade do músico bretón Pierre-Yves Rougier. Velaiquí a conexión cultural e xeográfica entre as terras cantábricas de Galiza e da Bretaña francesa, unha conexión harmónica que funciona, sen amosar fendas nin dúbidas creativas. Este será o disco destacado do noso vindeiro programa. Habereivos presentar tamén un novo tema de “Mussol”, o novo traballo de Carles Dénia, antes de nos introducir na inclasificable música do dúo finlandés Hurja Halla. A banda está formada por Janne Ojajärvi Music (harmónicas, harpas de boca, frautas, voz) e máis Liisa Haapanen (cello, voz, percusión). Parten da tradición para, a seguir, apostar polo risco e a experimentación. En xaneiro editaron “Riitti” (O rito), o seu primeiro disco, tan inquedo coma estimulante. Pecharemos a nosa habitual páxina adicada ás estreas da semana con “The Unfolding”, o proxecto da compositora norirlandesa Hannah Peel e da Paraorchestra. Hai uns meses presenteivos un adianto. Dende hai dúas semanas témolo por fin na rúa a través de Real World Records. Pecharemos o programa co novo disco de Xabier Díaz. O Recanto do Corcovado 1316

Escoitádenos os venres a través de RKV Radio (23-00h), e o sábado na sintonía da Radio Municipal de Redondela (11-12h) e en Cuac FM (23-00). Os mércores tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical (23-00h).

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio