O Recanto do Corcovado 1323

O Recanto do Corcovado 1323 Adicamos o programa a distintas novidades catalogables, grosso modo, dentro do ámbito do jazz contemporáneo. Os novos discos de Mikko Innanen, Jorge Rossy, Avishai Cohen, Sean Shibe e Sebastian Sternal. Completamos o programa con Andrea Motis e Xosé Miguélez.

O Recanto do Corcovado 1323

Escoitamos “This is it”, o novo disco para trío do saxofonista finlandés Mikko Innanen. Entra tamén “Puerta”, primeiro disco como líder para ECM de Jorge Rossy, quen aparta a batería para interpretar vibráfonos e marimbas. O selo alemán ECM é tamén o responsable de “Naked Truth”, a nova suite para trompeta do artista de Tel Aviv Avishai Cohen. Rematamos o noso repaso á actualidad con “Camino”, a última gravación do guitarrista escocés Sean Shibe, e máis con “Thelonia”, traballo onde o pianista alemán Sebastian Sternal rende tributo a, entre outros autores, Thelonius Monk. Completamos o programa con temas de Xosé Miguelez e Andrea Motis. O Recanto do Corcovado 1323

Escoitádesnos os venres a través de RKV Radio (23-00h) e o sábado a través da Radio Municipal de Redondela (11-12h) e de Cuac FM A Coruña (23-00h). Os mércores estaremos tamén en antena a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical (23-00h).

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 22:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio