O Recanto do Corcovado 1333

O Recanto do Corcovado 1333 Edición número 1333 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 7 de outubro por RKV Radio e o sábado 8 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 12 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Abrimos con temas-adianto dos vindeiros discos de Guadi Galego e máis Katerina Linke. Escoitamos a seguir o novo disco de Omar Sosa e Marialy Pacheco, gravado ao vivo na Beethoven-Haus de Bonn. Pechamos o programa dende Finlandia cun adianto do inminente novo disco de Ismo Alanko e Kimmo Pohjonen, ademais de co último traballo da harpista Laura Hynninen.

Imos comezalo dende o noso país con “Alegoría”, o primeiro tema-adianto do que vai ser ser o novo disco de Guadi Galego. Guadi construíuno a partires dun texto de Antía Otero, con quen xa traballara na peza “Zocas”, incluída no seu anterior disco. A dupla artística Galego-Otero volve nos agasallar cun tema de fondo significado político, cheo de evidentes acertos musicais. Haberemos escoitar, a seguir, dous temas do inminente novo disco de Katerina Linke, adicado á música popular galega. Na segunda parte do programa soará “Manos”, traballo gravado ao vivo na Beethoven-Haus de Bonn por Omar Sosa Music e Marialy Pacheco. O disco é sensacional, unha mostra de virtuosismo interpretativo ao servizo da creación libre: nel háichevos matices free, mais tamén aires de descarga e mesmo un fondo coidado pola melodía. Remataremos o programa dende Finlandia: presentareivos, para comenzar, o tema “Kainuu”, primeira peza extraída de “Voice of the Northern Lowlands”, o novo disco de Kimmo Pohjonen (official page) e Ismo Alanko. O disco sairá á rúa a finais do presente mes de outubro a través de Svart Records. Pecharemos o programa con “Otilia”, o último disco da harpista, cantante e artista visual Laura Hynninen. Nel converxen electrónica, texturas contemporáneas e improvisación vogal. O disco foi editado a finais do pasado ano, e foi escollido por Yleisradio como mellor disco finlandés do 2021.

O RECANTO DO CORCOVADO 1333

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio