O Recanto do Corcovado 1347

O Recanto do Corcovado 1347 Esta semana completamos o noso repaso aos 15 mellores discos do pasado 2022. Descubrimos que traballos ocupan do posto 4 ao 1.

Lembrade os nosos condicionantes: 1) Debido á altísima calidade das producións feitas no país, todos os discos están asinados por artistas galegos e galegas; 2) Non consideramos EP’s nin discos gravados ao vivo que non conteñan un repertorio novo; 3) Só incluímos na nosa listaxe traballos que puidemos vos presentar e escoitar integramente. Todos aqueles discos dos cales presentamos adiantos, mais que finalmente non chegaron ás nosas mans, non fan parte da nosa escolma. Velaiquí os catro postos finais:

4. Su Garrido Pombo: “Patios de luz” (Autoedición).

3. A Pedreira: “Segmento Cantábrico” (Autoedición).

2. Quico Comesaña: “Mãe” (Autoedición).

1. Xosé Miguélez: “Contradictio” (Origin Records).

Xosé Miguélez asina, pois, o que na nosa opinión é o mellor disco do pasado ano. Se vos presta e queredes comentar a nosa escolla, podedes facelo nos comentarios. A vindeira semana recuperaremos o noso ritmo de traballo habitual, dándolle espazo a distintas novidades discográficas recibidas ao longo das últimas semanas. Saúde!

O Recanto do Corcovado 1347 Puidestes escoitalo o venres 13 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo e o sábado 14 a través de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. O mércores 18 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.

LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio