PHONOTONER DE VACAS

PHONOTONER DE VACAS Harmonías, guitarra colorida, retranca, luces e unha coidada posta en escena, elas son De Vacas, Marela,a Pinta, a Morena e a Rubia.  Versións de  Marta Sánchez, ou Enrique Igrexas,profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar. As grandes referencias da adolescencia latexan ao fondo.

Pero non só iso, as vacas actuaron por toda Galiza e xiraron por parte importante da península (Madrid, Valencia, Euskadi, Murcia, Andalucía, Asturias, Castela e León, Portugal…)Foron espectáculo musical recomendado na Rede Española de Teatros e Auditorios no ano 2019.Gañaron o Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo, como recoñecemento polo traballo feminista en prol da igualdade de xénero no ano 2018. Premios Martín Códax da Música, na categoría de Coros e Música Vocal no ano 2016.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Participaron en feiras destacadas como a Mostra de Teatre D’Alcoi (2019), Feira de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo (2018), a MIT de Ribadavia (2018), o Festival de Música e Humor “O Gesto Orelhudo” (Águeda, Portugal, 2018) ou o Festival Arcu Atlánticu (Xixón, 2016). Tamén lles gusta ir de gala, foron voz da Gala de Premios Catas de Galicia 2018 ou dos Premios da Cultura Galega 2016. Elas son Inés , Faia , Paula e Guillerme, falaremos con elas e desgranaremos a súa particular versión da música. PHONOTONER DE VACAS

Chegou o tempo de De vacas.

GALIS115 PHONOTONER RKV / RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: