O Recanto do Corcovado 1298 Abrimos o programa co novo dos estonios Puuluup, «Viimane suusataja”, escoitamos tamén adiantos dos novos discos do dúo letón Umala Tevi e da banda finlandesa Ritva Nero, novas pezas de Loney Dear e máis Bob Holroyd para o selo Real World Records , a nova gravación da Orquestra Galega de Liberación que leva por título “Na loita”, e gravárono na última entrega do Festival de Jazz de Ría de Narón.
Hai algo máis de dous anos presenteivos o primeiro disco dun dúo inclasificable, os estonios Puuluup. Na súa música converxen liras de arco, loops electrónicos, efectos e xogos vogais fondamente sofisticados. En setembro publicaron o seu segundo disco, “Viimane suusataja” (O derradeiro esquiador). Abriremos o programa desta fin de semana con el. O traballo é sensacional. Imos escoitar tamén adiantos dos novos discos de Umala Tevi e de Ritva Nero. Umala Tevi é o dúo formado pola etnomusicológica, cantante e violinista letona Lauma Bērza, exintegrante das Tautumeitas, e máis a contrabaixista tamén letona Evita Bambāne. O seu primeiro disco será editado a comezos do vindeiro ano 2022 a través de Nordic Notes. O disco dos Ritva Nero tamén será editado dentro duns meses. Na música deste quinteto finlandés converxen melodías tradicionais con ventos e arranxos rítmicos máis achegados ao ámbiro do metal que das músicas tradicionais. Chegará ás nosas mans a través de Bafe’s Factory. Haberemos escoitar tamén as novas músicas de Loney Dear e máis Bob Holroyd para o selo Real World Records antes de vos presentar, por fin, a nova gravación da Orquestra Galega de Liberación. Leva por título “Na loita”, e gravárono na última entrega do Festival de Jazz de Ría de Narón. A Orquestra Galega de Liberación é dun proxectos musicais máis estimulantes de todos os xurdidos na Galiza nos últimos anos, polo que este disco, o segundo da banda, é un acontecemento. O Recanto do Corcovado 1298






LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO 1298 VENRES 22:00 RKV / RADIO LIVE