O Recanto do Corcovado 1302 Neste programa estreamos discos asinados por artistas africanas e africanos. Centramos a nosa atención en proxectos editados ao longo do ano 2021 que, por un ou outro motivo, aínda non vos presentaramos. Escoitamos ethiojazz, fusión, música tuareg e blues do deserto. Visítannos Azmari, Kady Diarra -officiel, Samba Touré, Mdou Moctar e Les Filles de Illighadad. A vindeira semana comezaremos o noso tradicional repaso aos mellores discos do pasado ano.





O Recanto do Corcovado 1302 puidéstelo escoitar o venres 7 de xaneiro a través de RKV Radio e o sábado 8 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 12 soamos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO VENRES 23:00 RKV / RADIO LIVE