O Recanto do Corcovado 1303. Como ben sendo tradicional, adicamos dous programas do mes de xaneiro a repasar os 15 mellores discos do pasado ano. No programa desta semana dános tempo a escoitar do posto 15 ao 8.
O programa contén a primeira parte do especial adicado aos mellores discos do 2021. Repasamos do posto 15 ao 8. Como podedes comprobar, a presenza galega está máis que xustificada. Os discos que figuran na listaxe son, polo de agora, estes:
8. Hugo Arán: De extinciones y sus causas (Autoedición).
9. Os d’Abaixo: Somos a pedra (Autoedición).
10. El Naán: Germinal (Autoedición).
11. Atlantic Bridge Jazz Project: Portus apostoli (Karonte Distribuciones).
12. Sumrrá: 7 visións (Clermont Music).
13. Caamaño&Ameixeiras: Aire! (Microscopi).
14. Pekko Käppi & K:H:H:L: Aamunkoi (Svart Records).
15. La Chicana Sitio Oficial: Hikikomori (Autoedición).
No programa da vindeira semana remataremos este repaso e descubriremos tamén cal é, dende o noso punto de vista, o mellor disco galego do ano. O Recanto do Corcovado 1303 foi emitido o venres 14 de xaneiro por RKV Radio e o sábado 15 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 19 entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00