O Recanto do Corcovado 1306 O pianista suízo Florian Favre vén de publicar o seu novo disco, “Idantità”. Fíxoo a través do inquedo selo Traumton. Nel reflexiona sobre as súas raíces lingüísticas e xeográficas, mais tamén sobre a impronta que a natureza deixa na súa música. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Estréovos tamén “What Will Leave Behind-Images from Planet Earth”, o primeiro disco da nova formación de Iro Haarla, o Electric Ensemble. Haarla é unha das pianistas e compositoras de jazz máis reputadas dos países nórdicos, e neste traballo ábrese a novas posibilidades estéticas, como é o caso do rock progresivo. Rematamos esta xeira de estreas con “Exiles”, o novo de Max Richter, sen nos esquecer de “Eido”, a nova peza de Sheila Patricia. Gravouno coa colaboración de Gabi Reboreda, e funciona como adianto do que será o seu novo disco. Completamos o programa con dúas pezas do novo disco do Cuarteto Caramuxo. O Recanto do Corcovado 1306




Escoitádenos os venres a través de RKV Radio (23-00h), e o sábado na sintonía da Radio Municipal de Redondela (11-12h) e en Cuac FM (23-00). O mércores da vindeira semana soaremos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical (23-00h).
LOIS ATANES O CORCOVADO 1306 RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00