O Recanto do Corcovado 1309. Soou o venres 25 de febreiro a través de RKV Radio e o sábado 25 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 2 de marzo entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Estreamos os novos discos de Almalé e Chano Dóminguez & Antonio Lizana. Adiantamos a seguir un par de cancións dos vindeiros discos de Magalí Sare, desta volta con Salvador Sobral, e do cantor italo-arxentino Nicolás Farrugia. Completamos o programa co Cuarteto Caramuxo e co último disco do artista portugués Manuel Maio.


Pilar Almalé é unha violagambista, compositora e cantante cunha traxectoria máis que salientable. Ademais de ter traballado con Jordi Savall, Dulce Pontes ou Carlos Núñez —entre outros—, comanda dende o ano 2020 o cuarteto Almalé, proxecto persoal onde converxen os talentos de Thomas Kretszchmar (violín), Alex Comín (guitarra) e Fran Gazol (percusión). Aproveitando o concerto que Pilar Almalé vai dar o vindeiro día 4 de marzo na Arca de Noé —desta volta en solitario—, preséntovos o primeiro disco da banda, “Hixa mía”, publicado oficialmente a mediados do pasado mes de decembro. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Escoitamos tamén cancións adianto dos novos traballos da barcelonesa Magalí Sare, desta volta con Salvador Sobral, e do cantor italo-arxentino Nicolás Farrugia. Ámbolos dous editarán os seus novos discos no vindeiro mes de abril. Na parte final do programa analizamos de vagar “Estándares”, o novo proxecto de Chano Domínguez e Antonio Lizana. Completamos o programa co Cuarteto Caramuxo e co último disco do artista portugués Manuel Maio.
O Recanto do Corcovado 1309



LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00