O RECANTO DO CORCOVADO 1312 No Corcovado, desta, ofrecémosvos un amplo percorrido por discos galegos catalogables dentro do espazo do jazz e da fusión
Abrimos o programa con “Contradictio”, o novo traballo de Xosé Miguelez. Logo do seu fantástico “Ontology”, Miguélez segue a estudar a converxencia entre bebop e música tradicional galega, dándolle especial relevancia á melodía como eixo vertebrador dos temas. O disco é sensacional. Gravouno co cuarteto formado por el mesmo ao saxo, Jean-Michel Pilc ao piano, Carlos Barretto ao contrabaixo e Marcos Cavaleiro á batería. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Entra tamén “Dori Caymmi Singbook”, traballo gravado ao vivo onde Terela Gradín rende tributo ás músicas do artista de Salvador de Baía. Pechamos a páxina adicada ás novidades máis recentes con “Meets Portugal”, o terceiro disco da Orquestra Galega de Liberación. Gravárono ao vivo en Tui o pasado 9 de setembro durante a apertura do encontró Músicas no Minho (MUMI). A Orquestra continúa a investigar as posibilidades creativas da improvisación dirixida, dándolle especial presenza á voz humana como fío condutor. A Orquetra Galega de Liberación é un dos grandes acontecementos musicais galegos dos últimos anos, así que recibimos este disco con moito interese. Na parte final do programa facémonos eco de dúas novas. A primeira, as “Xornadas con Xan Campos”, organizadas polo Concello de Ferrol. Estas xornadas inclúen tres días de actividades. O xoves 31 de marzo, Campos dará un obradoiro de balde na Capela do Torrente Ballester. Os días 1 e 2, ás oito e media da tarde, presentará os seus tres discos gravados en formato trío no Teatro Jofre. A segunda nova lévanos a outro trío, os Sumrrá. Sumrrá vén de levar o Premio Jazz España á Banda consolidada. Celebramos esta boa nova cun dos temas incluídos no seu último disco, “7 visións”. O RECANTO DO CORCOVADO 1312





LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00