O Recanto do Corcovado 1322 Estreamos os novos traballos de Solju, Rodrigo Cuevas e o proxecto Atairaos. Adiantamos tamén un tema de Rita Morar incluído no compilatorio «Dub No Frontiers». Completamos o programa con Maija Kauhanen, A Banda da Loba e Zaruk.
Abrimos o programa cos novos proxectos de Rodrigo Cuevas, desta volta reinterpretando un tema de Ruperto Chapí, e dos Atairaos. O proxecto Atairaos está formado por Jose Climent (violín, baixo, mandolina), Agustín García (gaita charra e tamboril) e Carlos Martín (buzuki). Reflexionamos tamén sobre a dimensión poética de “Segmento cantábrico”, o novo disco de Ugia Pedreira, ademais de escoitar pezas dos Zaruk e dA banda da Loba. Na segunda parte do programa estréovos o primeiro adianto de “Dub No Frontiers”, disco producido por Adrian Sherwood. O obxectivo do disco é visibilizar o traballo de dez autoras consagradas ao xénero reggae. É o caso da artista afincada en Inglaterra Rita Morar. O traballo sairá á venda o 22 de xullo a través de Real World Records. Dous meses máis tarde, o 9 de setembro, sairá tamén á venda a través de Bafe’s Factory “Uvjamuohta”, o novo diso das Solju Official. Podemos xa vos ofrecer “Oassi Mus” (Unha parte de min), o primeiro adianto do disco. Pechamos o programa cun par de temas extraídos de “Menneet”, o novo disco da talentosa Maija Kauhanen.
O Recanto do Corcovado 1322 foi emitido o venres 27 de maio por RKV Radio e o sábado 28 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 1 de xuño entramos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical.
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00