O Recanto do Corcovado 1326 Estreamos os novos discos do Daniel García Trío, Lampen, John Scofield, Mark Turner e Kit Downes/Petter Eldh/James Maddren.
No programa desta semana presentámosvos distintas novidades discográficas, cunha importante presenza de discos editados polo selo alemán ECM. Abrimos o programa co último traballo do Daniel García Trío, “Vía de la plata”. O repertorio do disco vai da canción popular á música clásica con coherencia e sensibilidade. Soa a seguir o primeiro disco de John Scofield para guitarra soa. Chama a atención que sexa nesta altura, con 71 anos, cando edita un disco desta natureza. Ademais de temas propios, Scofield interpreta pezas de Keith Jarret, Jimmy Van Heusen e mesmo cancións tradicionais. Enlazámolo con “Kintsugi”, o que vai ser o novo disco do dúo de postjazz Lampen, formado polos músicos finlandeses Kalle Kalima (guitarras) e Tatu Rönkkö (percusión e electrónica). O disco sairá á rúa en setembro a través de We Jazz, mais podemos vos adiantar xa un dos seus temas. Na segunda parte do programa escoitamos os últimos traballos de Mark Turner e do trío formado por Kit Downes (piano), Petter Eldh (contrabaixo) e James Maddren (batería). O Recanto do Corcovado 1326





Este episodio do Recanto do Corcovado 1326 puidéstelo escoitar o venres 24 de xuño a través de RKV Radio e o sábado 25 en Cuac FM A Coruña e na Radio Municipal de Redondela. O mércores 29 soamos tamén a través de RCFM Radio Crónica Folk Musical
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00