O Recanto do Corcovado 1308 No programa desta edición escoitamos distintas novidades, todas elas pertencentes ao ámbito creativo do jazz contemporáneo. Parte delas serán editadas ao logo dos vindeiros meses, mais podemos vos adiantar xa algúns dos seus temas.
Abrimos con “Estándares”, o novo traballo do saxofonista de San Fernando Antonia Lizana e máis Chano Domínguez. Soa a seguir un novo tema adianto do que vai ser o primeiro disco do proxecto afincado en Berlín Jemba Groove, sen nos esquecer de “Koma West”, o novo traballo da banda liderada polo contrabaixista sueco Petter Eldh, os Koma Saxo. Gravárono coa colaboración da cantante sueca de música experimental Sofia Jernberg. O disco será editado oficialmente o 18 de marzo a través de We Jazz, mais podemos vos adiantar xa un par de temas. O disco é espectacular. Na segunda parte do programa preséntovos novidades finlandesas: estréovos o disco debut do trío de Joonas Toivanen, además dun adianto do novo traballo dos Hot Heroes. Na recta final do programa escoitamos o novo disco dunha das nosas bandas de referencia dentro do jazz nórdico actual, o Ilmiliekki Quartet. O seu novo disco homónimo foi editado o pasado 11 de febreiro tamén a través de We Jazz. O Recanto do Corcovado 1308
LOIS ATANES O RECANTO DO CORCOVADO RKV / RADIO LIVE VENRES 23:00