A Kanteira & Paulo Pascual conversa electromagnética

A Kanteira & Paulo Pascual conversa electromagnética é un encontro lisérxico interplanetario entre Susana Estragha (striper radiofónica) e o músico vigués Paulo Pascual (guitarra, piano, Theremin…) para bailar entre planetas xigantes montados na bicicleta de Albert Hofmann.

Paulo Pascual (Vigo) instrumentista polivalente principiou a sua andaina como musico rasgando coa guitarra notas stonianas nos “Ronckos”, formou parte dos Foggy Mental Breakdown, formación seminal do rock vigués,  por aí pasaron Rubén Suárez (fundador do grupo) agora en Family Folks; Oscar Avendaño, hoxe en Siniestro Total, The Bo Derek’s, Los Naipes, en solitario; Eladio Santos creador do grupo Eladio y los seres Queridos; Xabier Vieitez ( The Soul Jacket), Oscar Liboreiro ( Vindaloo Rockets). No ano  1996 intégrase en Raindogs, grupo punk que saca o nome dun disco de Tom Waits, creado por Oscar Avendaño. A variedade do seu gusto musical e a paixón polo cinema levouno a formar Trem Fantasma onde flue o swing, o tango,  lounge, Os Mutantes, Pink Martini, Tom Waits. De novo coincide con Oscar Avendaño e o inseparable compañeiro de viaxe Pablo Muñiz (Labregos Espaciais, Foogy Mental Breakdown…) e a violinista Patricia Argüelles. Xa no século XXI en febreiro do 2012 construen a nave musical Camarada Nimoy influenciados pola pegada e laboura musical e poética de Leonard Nimoy (actor que interpretaba a Mr. Spock na serie de T.V Star Treck): Pablo Muñiz (Foggy Mental Brekdown, Labregos Espaciais,Transilvanians) o baixo; Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) guitarra, Diego de Luís (Foggy Mental Breakdown, To Nowhere) batería; Paulo Pascual a guitarra eléctrica e theremin. Camarada Nimoy flotaba con Jazz, Swing, música Surf, Lounge, Pixies, Henry Mancini, arte minimalista soviético como estética. Editan dous traballos; Camarada Nimoy (autoproducido,2013); Alucinacións Acústicas (autoproducido,2015). A Kanteira & Paulo Pascual; conversa electromagnética.

Paulo Pascual Modulador de Ondas

A Kanteira & Paulo Pascual conversa electromagnética. O descubremento do instrumento Oscilador de ondas electromagnéticas “Theremin” a través de films como Ed Wood (Tim Burton,1994) e a música de Lex Baxter crearon en Paulo Pascual un universo músico cultural froito de todalas influencias ó longo da sua vida. ‘An Electric Storm de White Noise’ (Delia Derbyshire, Brian Hodgson e Mark Jenkins) a electrónica de Messer Für Frau Müller, os discos en solitario de Leonard Nimoy, os sons e atmósferas de Timber Timbre, o surf pop contemporáneo de bandas como La Luz, as melodías dos Growlers, a psicodelia de The Entrance Band, o minimalismo de Yann Tiersen, as aventuras sónicas da Tropicalia, o colorido e exótico mundo de Lex Baxter, Martin Denny, os Rolling Stones, Kinks, Pixies… A nova nave audiovisual “ Modulador de Ondas” do camarada Pascual é un universo propio onde se baila con planetas xigantes. 

A Kanteira & Paulo Pascual conversa electromagnética. Cabina sónica del Modulador de Ondas

Susana Estragha RKVRADIO.COM

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: