En ruta con Oscar Avendaño

En ruta con Oscar Avendaño, é unha aventura en coche por desertos e pobos perigosos como Jacksonville, onde coñecemos corazons crebados, xente malvada e almas fundidas. Na radiocassette do coche «Perros Negros» ouveaban rock’n’roll.

Oscar Avendaño, Foggy Mental Breakdown, Casanovas, Trem Fantasma, Rain Dogs, Reposado, Los Naipes, The Bo Dereks, Siniestro Total, é un músico activo 24 horas o dia, nunca che vai decir que non se a proposta é unha troula de rock’n’roll.

Despois de editar Burro (2015), un disco de 12 cancions inclinadas  cara o folkrock americano con sons de pedal Steel, Slide, Dobro, guitarras acústicas, piano e unhas letras herdadas a maneira de Bob Dylan, Tom Waits, Neil Young ou Nikki Sudden, Oscar Avendaño tiña material para darlle continuidade, incluso chegaron a grabar (Oscar, Mauro Comesaña, Andres Cunha é Hendrik) as cancions no estudio de H. Röver (GuitarTown). Mesmo estudio, mesmos músicos, todo parecía que a festa ia continuar.

A irrupción exitosa de Bo Derek’s, grupo de pubrock formado polo propio Oscar cós irmáns Lorre (Wavy Gravies,The Allnight Workers, Family Folks), o día a día de Mauro Comesaña con The Soul Jacket e Zålomon Grass, a actividade frenética de Andres Cunha con varios proxectos ademáis de ser nestes intres batería de Siniestro Total, e co engadido de non poder contar con Hendrik para os directos, o asunto presentouse esquivo para defender o traballo como é debido polos escenarios. As cancions grabadas quedaron sen editar. O disco foise o caixón agardando mellores momentos. Comenza a pandemia do Covid.

Pasada a parte dura da tormenta chegaron dous soles; Asis Izquierdo e Milana Records. O primeiro fan de Oscar que andaba xa tempo con gañas de producirlle. A segunda unha discográfica recen estreada que nace da banda de Cáceres «Milana» Jay Martin, Isidro Pérez y Aritz Sertucha con dous traballos situados nas fronteiras do folk e o country-rock «Campo y Piedras» (2014) e «Desierto Cicatríz» (2018). A disqueira estrease con Sertucha “Cuando suba el río”, con Oscar Avendaño y Reposado “Perros Negros” e unha selección suculenta de grupos: The Kleejos Band, Uncle Sal, Los Eternos, Schizophrenic Spacers…    

A primeira edición de “Perros Negros” esgotouse nun pechar e abrir de ollos. 200 unidades vinilo + CD. Estamos na segunda e xa apenas quedan copias. O disco viste un traxe ilustrado creado por Arturo Delgado aka Querido Extraño, outro incombustible do rock galego e que estivo en bandas con éxito dos noventa como Gloomy House e los Invasores. Arturo asina unha portada de road movie, cargada de simboloxía de deserto e lugares  perigosos como Jacksonville ou Casas Rotas. As cancións describen unha ruta dificil e excitante para recorrer;  unha viaxe que é metáfora da vida.

En referencia ó anterior «Perros Negros» é musicalmente unha continuación mellorada, entendamos; máis atrevemento cós experimentos xa probados, máis soltos ou como se adoita decir “engrasados”. A sensación é a de estar escoitando un disco atemporal, un deses discos para paladares acostumados o rock con sustancia e rico en calorías da década dos 70’ s.xx, pero, coas fiestras abertas para que entre aire fresco. O guión literario afonda en personaxes traumáticos de dudosa moral, en sensacións apocalípticas pero con espírito de superalas. Neste episodio de A Kanteira, Oscar Avendaño fainos de guía contándonos a historia de cada canción; imos en ruta buscando non sabemos qué. En ruta con Oscar Avendaño

Susana Estragha RKV / RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: