Outono ao Vivo (Verba e Blues)

A Kanteira está de xira de Outono e na semana do 5 o 11 de Outubro teremos ruta e axitación. De entrante o XVII Festival Internacional de Blues, Outono 2020, a celebrar No Teatro Principal de Ourense os dias 8 e 9 de Outubro, coas estelares actuacions de Gisele Jackson & The Shu Shu’s e o cuarteto formado por Julian Maeso, Juan Zelada, Adrián Costa e Alberto Anaut. Os catro con carreiras exitosas por separado. Pasamos polo San Froilan en Lugo para disfrutar de Tito Ramírez e De Vacas. De volta en Ourense para asistir o ICC Week 2020 (Industrias Culturais e Creativas) cunha semana para disfrutar dunha chea de actividades e conferencias culturais máis concertos coma os de Annie B. Sweet, Yawners ou Juan Perro Sexteto. No Rosal, máis o sur de Galicia, Sés dará un concerto dentro deo Musigal Son Muller na Praza do Calvario. Estreamos festival o Brisa Fest na praia de Cesantes, Redondela (10.10.2020). As estrelas son 3 Zapatos, Thee Blind Crows e Mad Martin & The Midnigth Boozers.

Audio Lista
1. Julian Maeso – I must have been dreaming
2. Gisele Jackson and The Shu Shu’s – Sugar Sweet
3. Tito Ramírez – TNT
4. De Vacas – Single Ladies
5. Annie B. Sweet – Un Astronauta
6. Yawners – La escalera
7. Juan Perro – El Viaje
8. SéS – Co Xénio Destrozado
9. Thee Blind Crows – The Primitive Loud Blues

Susana Estragha RKV / RADIO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: